Reyes Maroto
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
Reyes Maroto | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María Reyes Maroto Illera |
Nacemento | 19 de decembro de 1973 |
Medina del Campo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | política, economista e profesora universitaria |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Reyes Maroto Illera, nada en Medina del Campo (Valladolid) o 19 de decembro de 1973, é unha economista e política española, actual ministra de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que naceu en Medina del Campo, na provincia de Valladolid, os seus pais son orixinarios e residentes da tamén valisoletana localidade de Ataquines, na que pasou a súa infancia e mocidade. Licenciouse en Economía na Universidade de Valladolid. Empregada entre 2011 e 2013 na Fundación Ideas para o Progreso, é profesora asociada do Departamento de Economía da Universidade Carlos III de Madrid.
Para as eleccións autonómicas de 2015 na Comunidade de Madrid, foi a candidata número 20na lista do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Resultou elixida e converteuse en deputada da Asemblea de Madrid para a X lexislatura da cámara, na cal exerceu de portavoz socialista na Comisión de Orzamentos, Economía, Facenda e Emprego. Renunciou á súa acta de parlamentaria na Asemblea de Madrid o 6 de xuño de 2018.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Industria, Comercio e Turismo do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reyes Maroto ![]() |
- Nados en Medina del Campo
- Nados en 1973
- Políticos do PSOE
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Deputados da Asemblea de Madrid polo PSOE
- Deputados da X Lexislatura da Asemblea de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)