Saltar ao contido

Fernando Grande-Marlaska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Grande-Marlaska

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Grande Marlaska Editar o valor en Wikidata
26 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Bilbao Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Maria Gemma Araujo Morales (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Cádiz

Deputado no Congreso dos Deputados
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Cádiz

Ministro do Interior de España
7 de xuño de 2018 –
← Juan Ignacio Zoido
Nomeado por: Pedro Sánchez
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xuíz, avogado, xurista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGorka Arotz (2005–) Editar o valor en Wikidata
PaisAvelino Grande Editar o valor en Wikidata  e Ángela Marlasca Gómez Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4268313 BNE: XX5636626 Dialnet: 2693186 Editar o valor en Wikidata

Fernando Grande-Marlaska Gómez, nado en Bilbao o 26 de xullo de 1962, é un maxistrado español, actual ministro do Interior do Goberno de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira xudicial en 1987 e ata 1989 prestou servizo no Xulgado de primeira instancia de Santoña, en Cantabria, onde investigou o suicidio de Rafael Escobedo, condenado polo crime dos marqueses de Urquijo.​ En 1990 pasou ao Xulgado de Instrución nº 2 de Bilbao, no que permaneceu durante nove anos. Promoveu nese momento a presidente da Sección Sexta do Penal da Audiencia Provincial de Biscaia. En 2003 instalouse en Madrid, como titular do Xulgado de Instrución nº 36.

Maxistrado da Audiencia Nacional

[editar | editar a fonte]

Dende 2004 e ata o 30 de xuño de 2006 exerceu no Xulgado Central de Instrución número 5 da Audiencia Nacional, substituíndo provisionalmente ao seu titular, o xuíz Baltasar Garzón. Destacou pola instrución de causas contra a banda terrorista ETA, paralizando manifestacións da esquerda abertzale e ordenando a entrada en prisión de Arnaldo Otegi e pola intervención policial da organización Fórum Filatélico​. Ao reincorporarse Garzón á súa praza (o 1 de xullo de 2006) quedou adscrito á Sala do Penal da Audiencia Nacional. Presentouse como candidato independente ao Consello Xeral do Poder Xudicial (2006), pero non foi elixido.

Accidente Yak-42

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Voo 4230 de UM Airlines.

En 2007 asumiu a titularidade do Xulgado Central de Instrución nº 3 da Audiencia Nacional, en substitución de Teresa Palacios. Nese momento faise cargo do caso máis importante: o accidente do Yak-42 en Turquía que custou a vida a 62 militares o 26 de maio de 2003 cando regresaban de Afganistán. Con todo aos catro meses de chegar ao xulgado, o 1 de xuño de 2007, arquivou o caso, e atribuíu as responsabilidades á tripulación ucraína, eximindo ao Ministerio de Defensa do accidente por contratar un avión inseguro. Con todo, o 22 de xaneiro de 2008, a Sección Cuarta da Sala do Penal revogou por unanimidade o arquivo, alegando que o xuíz non practicara dilixencia algunha e indefensión das vítimas. Unha vez reaberto o sumario, citou como testemuñas á cúpula militar do momento, e aos exministros Federico Trillo e José Bono. Finalmente o 20 de maio de 2008, imputou por 62 homicidios por imprudencia grave, a cinco altos mandos militares, entre eles o xefe do Estado Maior da Defensa, Antonio Moreno, máximo xefe da cúpula militar no momento do accidente.

Outros casos

[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2007 decretou a apertura de xuízo oral por inxurias á Coroa a varios artistas gráficos. En xuño de 2007 decidiu arquivar a causa aberta contra catro directivos de Air Madrid por presunta estafa cometida durante a crise que afectou á aeroliña en decembro de 2006 e, en setembro de 2007, rexeitou os recursos de apelación presentados pola Asociación Xeral de Consumidores e Usuarios e a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) contra o arquivo do auto.

O 23 de febreiro de 2012 foi nomeado presidente da Sala Penal da Audiencia Nacional en substitución de Javier Gómez Bermúdez.

O 29 de novembro de 2013 foi designado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, a proposta do Partido Popular, polo Senado.

Ministro do Interior

[editar | editar a fonte]

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro do Interior do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Polémicas

[editar | editar a fonte]

O 17 de abril de 2026, o DAO (Director Adxunto Operativo) da Policía Nacional, nomeado por Grande-Marlaska en 2018 como principal mando non político do corpo, presentou a dimisión ao admitirse a trámite unha denuncia por presunta agresión sexual.[1] Como cargo da máixma confianza do ministro, en novembro de 2024, o Ministerio do Interior revogou a súa xubilación ao cumprir os 65 anos para que puidese continuar no seu cargo, aproveitando unha modificación legal que foi cuestionada polos partidos da oposición e por diferentes sectores dentro da propia Policía.[2]

Como consecuencia, os partidos da oposición e algúns sindicatos policiais reclamaron inmediatamente a dimisión do ministro por nomealo e mantelo no cargo.[2] Ante a acusación no Parlamento de que o ministro coñecía o caso e o tapou, Grande-Marlaska, anunciou que se querelaría contra calquera que manteña a acusación fóra do hemiciclo.[3][4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Grande-Marlaska é abertamente homosexual e leva moito tempo sendo activista contra o acoso escolar. Na súa autobiografía, Ni pena ni miedo, publicada en 2016, afirmou que tivo que se distanciar da súa familia durante uns anos despois de mencionarlles a súa homosexualidade, pois a súa nai rompeu a relación durante seis anos.[6][7] En 2005, o mesmo ano en que se aprobou a lei do matrimonio homosexual, casou coa súa parella de toda a vida, Gorka Gómez.[8]

  1. ↑ Redacción (17 de febreiro de 2026). "Dimite el director adjunto de la Policía tras la admisión a trámite de una denuncia por agresión sexual". rtve.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  2. 1 2 Osa, Bea; Ortiz, Óscar (17 de febreiro de 2026). "Dimite el DAO de la Policía Nacional tras la querella contra él por presunta agresión sexual a una subordinada". lasexta.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  3. ↑ Mariño, May; Fernández, Juan José (18 de febreiro de 2026). "Marlaska niega que tapara el caso de violación del número 2 de la Policía y dice que dimitirá si la víctima le acusa de desprotegerla". elperiodico.com (en valón). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  4. ↑ Dorta, Irene; Ochoa, Liliana (18 de febreiro de 2026). "Marlaska replica al PP tras la querella contra el exjefe de la Policía: “Si la víctima cree que le he fallado, dimitiré”". elpais.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  5. ↑ "Ni pena ni miedo". casadellibro.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  6. ↑ Ochoa, Marina (14 de abril de 2024). "El lado más personal de Marlaska: 'abandonado' por su madre, su matrimonio y su patrimonio". theobjective.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  7. ↑ Villar, Cote (6 de xuño de 2018). "Cuando Grande-Marlaska le dijo a su familia que era homosexual". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.
  8. ↑ Cruz Lapeña, Silvia (5 de abril de 2021). "Fernando Grande-Marlaska, el primer juez abiertamente gay que renunció a ser padre por amor". revistavanityfair.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]