Mónica García Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica García Gómez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Sanidade de España
21 de novembro de 2023 –
← José Miñones Conde
Nomeado por: Pedro Sánchez
Deputada na Asemblea de Madrid
Representa: Máis Madrid

8 de xuño de 2021 – 20 de novembro de 2023

Deputada na Asemblea de Madrid
Representa: Máis Madrid

11 de xuño de 2019 – 7 de xuño de 2021 (disolución do parlamento)

Deputada na Asemblea de Madrid
Representa: Podemos

9 de xuño de 2015 – 21 de marzo de 2019 (disolución do parlamento)

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanestesióloga , política , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAsemblea de Madrid (2015–)
Hospital Universitario 12 de Outubro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos
Máis Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: Monicamox1 Twitter: Monica_Garcia_G Editar o valor em Wikidata

Mónica García Gómez, nada en Madrid o 16 de xaneiro de 1974, é unha anestesióloga e política española, deputada da X lexislatura da Asemblea de Madrid dentro do grupo parlamentario de Podemos Comunidade de Madrid e posteriormente deputada da súa XI lexislatura dentro do grupo parlamentario de Más Madrid. Dende o 20 de novembro de 2023 é ministra de Sanidade do Goberno de España.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Filla de dous psiquiatras, seu pai foi membro do PCE e deputado na Asemblea de Madrid,[3] naceu o 16 de xaneiro de 1974 en Madrid,[4][5][6] estudou no colexio privado Yale na colonia de El Viso e no Instituto Beatriz Galindo da rúa Goya, ambos en Madrid, cidade na que viviu toda a súa vida no barrio Retiro. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), especializándose en anestesioloxía.[7]

García, que desenvolveu a súa carreira profesional como anestesista no Hospital 12 de Octubre,[2][8] participou nas protestas das mareas brancas en defensa da sanidade pública como voceira da Asociación de Facultativos Especialistas de Madrid (AFEM).[9][10]

Con 15 anos comezou a practicar atletismo, primeiro no estadio de Vallehermoso e despois no INEF. Na idade adulta continúa saíndo a correr por diversión e participa en carreiras que apoian causas benéficas. No seu tempo libre tamén goza da fotografía e viaxando en vacacións en autocaravana por Galicia.[11]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Activismo[editar | editar a fonte]

En 2012 uniuse á Asociación de Facultativos Especialistas de Madrid (AFEM). Nun principio formou parte da Xunta Directiva da asociación e asumiu o cargo de coportavoz.

Nesta época a asociación plantou cara ao daquela Conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid, Javier Fernández-Lasquetty e ao seu Plan de Medidas de Garantía da Sostibilidade do Sistema Sanitario Público da Comunidade de Madrid que comprendía, entre outras medidas, un recorte do orzamento en sanidade do 7% así como a privatización dalgúns servizos hospitalarios.[12] Neste contexto, Mónica García participou nos peches, concentracións e manifestacións que se desenvolveron en 2012 e 2013 xunto aos seus compañeiros da AFEM.[13]

Tamén participou en calidade de voceira da AFEM nas mobilizacións da Marea Branca e as súas marchas os domingos para denunciar os recortes e precariedade da sanidade pública.[6][14]

Deputada da Asemblea de Madrid[editar | editar a fonte]

A través do movemento de Marea Branca, adscrito ao 15-M, foi incluída como candidata no número 26 da lista de Podemos de cara ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2015 encabezada por José Manuel López,[15] e resultou elixida deputada da X lexislatura do parlamento rexional, pasando a formar parte do Grupo Parlamentario de Podemos Comunidade de Madrid.. En decembro de 2017, en virtude dunha reestruturación do grupo parlamentario, anunciouse que García se convertería na presidenta do grupo parlamentario[2] en substitución de Marco Candela.[16] Nesta etapa destacou a súa denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción do "malgasto sanitario durante o mandato de Esperanza Aguirre".[17] Tamén se incorporou entón ao Consello de Coordinación de Podemos Comunidade de Madrid.[18]

Deputada afín á corrente de Podemos liderada por Íñigo Errejón,[19] en marzo de 2019, abandonou Podemos e se integrou na lista deste último para as primarias de Más Madrid de cara a confeccionar a lista para as eleccións á Asemblea de Madrid de 2019.[20] Trala convocatoria de eleccións anticipadas na Comunidade de Madrid froito da ruptura do goberno entre o PP e C's, García foi anunciada como a candidata oficial de Más Madrid aos comicios.[2]

Eleccións de maio de 2021[editar | editar a fonte]

O 21 de abril, participou no debate televisado por Telemadrid e varias cadeas nacionais. A sondaxe de Metroscopia sobre quen gañou o devandito debate outorgou unha segunda posición á candidata de Más Madrid tras Isabel Díaz Ayuso, o que supuxo ser a preferida entre os votantes de esquerda, por diante de Pablo Iglesias e Ángel Gabilondo.[21]Nas eleccións de maio de 2021, a candidatura de Más Madrid foi a segunda máis votada, superando ao PSOE en 6.593 votos e chegando a 24 deputados,[22] pasando a ser o principal partido da oposición.

Volveu repetir como candidata de Más Madrid nas eleccións autonómicas do 28 de maio de 2023 sendo, de novo, o segundo partido máis votado e chegando a 27 deputados na Asemblea de Madrid, e Mónica García pasou a ser, de novo, a xefa da oposición ao goberno de Ayuso na XIII Lexislatura.[23]

Ministra de Sanidade[editar | editar a fonte]

En novembro de 2023, Pedro Sánchez, novo presidente de goberno, nomeouna ministra de Sanidade, dentro do grupo de ministros de Sumar.[24][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (20 de novembro de 2023). "12 dones i 10 homes al nou govern Sánchez: els ministres, perfil a perfil". ccma.cat (en catalán). Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Redacción (20 de novembro de 2023). "Mónica García, nueva ministra de Sanidad: la anestesióloga que ha liderado la oposición en Madrid". rtve.es (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  3. Taulés, Silvia (24 de abril de 2021). "Mónica García, de su padre psiquiatra y militante del PCE a su finca en Cercedilla". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  4. "Ilma. Sra. Dª. Mónica García Gómez". Asemblea de Madrid. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  5. Velasco, Patricia (6 de abril de 2017). "García: "Madrid es la tercera Comunidad que menos presupuesto destina a Sanidad por habitante"". Madridiario. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Ruiz Valdivia, Antonio (16 de xaneiro de 2021). "15 cosas que no sabías de Mónica García". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 De la Cruz, Sergio (20 de novembro de 2023). "Quién es Mónica García, ministra de Sanidad del Gobierno de España". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  8. Belver, Marta (5 de setembro de 2018). "La reforma del Hospital 12 de Octubre quedará en manos del próximo Gobierno regional". El Mundo. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  9. Gómez Salcedo, Pablo (12 de outubro de 2015). "Mónica García (Podemos): “La política no es mi terreno, mi casa es el hospital”". Cuv3. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  10. "La 'Marea Blanca' de la sanidad protesta en el centro de Madrid contra la privatización". Cuatro. 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  11. "Mónica García, la médico que veranea en autocaravana y da la batalla a Díaz Ayuso en Madrid". Vanity Fair (en castelán). 16 de outubro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  12. "Mónica García, portavoz de la AFEM: "La Consejería no quiere escucharnos"". LaSexta (en castelán). 18 de decembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  13. "AFEM retoma las movilizaciones contra el Plan de Sostenibilidad de la Sanidad del Gobierno madrileño   | Médicos y Pacientes". www.medicosypacientes.com. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  14. "García: "Nunca ha existido un movimiento sanitario como éste"". LaSexta (en castelán). 5 de decembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  15. "Elecciones a la Asamblea de Madrid 2015. Publicación candidaturas. Fase proclamación" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid núm. 99, de 28 de abril de 2015: 35–77. ISSN 1989-4791. Archived from the original on 13 de xuño de 2015. Consultado o 06 de maio de 2021. 
  16. Bécares, Roberto (22 de decembro de 2017). "Espinar da más peso a los errejonistas en la Ejecutiva y el grupo parlamentario de cara a 2019". El Mundo. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  17. "Mónica García (Podemos): "La historia de la Sanidad madrileña ha sido la historia del desfalco"". LaSexta (en castelán). 3 de xullo de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  18. "Mónica García y Julio Rodríguez, en el consejo de coordinación de Podemos". El Diario Vasco. 23 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  19. "El 'errejonismo' vuelve a la primera fila". Madridiario. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  20. Martiarena, Asier (1 de marzo de 2019). "Errejón ficha a varios diputados de Podemos para su lista por Madrid". La Vanguardia. Consultado o 30 marzo de 2019. 
  21. Junquera, Natalia (22 de abril de 2021). "Díaz Ayuso y Mónica García ganan el único debate a seis de la campaña electoral". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  22. Redacción/Europa Press (6 de maio de 2022). "Mónica García deja (temporalmente) la medicina para centrarse en las elecciones de 2023". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  23. García, Jacobo; Olaizola, Beatriz (29 de maio de 2023). "Más Madrid se consolida como alternativa a Ayuso a pesar de la pérdida de votos". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  24. Mateo, Juan José (20 de novembro de 2023). "Mónica García, de némesis de Díaz Ayuso al Ministerio de Sanidad". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]