Iolanda Díaz Gallego
- Non confundir con Yolanda Díaz Pérez (Fene 1971), dirixente política galega, membro do Goberno de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 (89/90 anos) Sarria, España |
Iolanda Díaz Gallego, nada en Sarria en 1934, é unha activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega no Uruguai e Cataluña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de estudar na Coruña Peritaxe Mercantil, rematando en 1952, ó ano seguinte trasladouse coa súa nai e irmáns a Montevideo, onde comezou a traballar no Banco de Galicia do que foi secretaria xeral. Na capital uruguaia mantivo unha estreita relación co colectivo de emigrantes e exiliados, colaborou na publicación da Historia de Galicia de Ramón Otero Pedrayo e participou na emisión radial Sempre en Galicia durante 20 anos. Foi unha das fundadoras do Teatro Popular Galego de Montevideo e do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1976 estabeleceuse coa súa familia en Barcelona. Alí participou na creación da Asociación O Penedo e colaborou entre 1973 e 1981 no programa A Nosa Galicia de Radio Miramar e na Radio Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Graña Pérez, Beatriz (2003). Voces da memoria: galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista. Concello de Santiago e USC. ISBN 84-9750-267-1.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 132. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yolanda Díaz Gallego: <<Toda unha vida adicada a Galicia>> 03/10/2012 - El Progreso (Sarria).