Margarita Robles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargarita Robles

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Margarita Robles Fernández Editar o valor em Wikidata
10 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
León, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España

3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Manuel Arribas (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Ávila (en) Traducir

Deputada de España
9 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Ávila (en) Traducir

14ª Ministro de Defensa de España
7 de xuño de 2018 –
← María Dolores de Cospedal
Deputada de España
6 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 – Gema López Somoza (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Vogal do Conselho Geral do Poder Judicial (pt) Traducir
23 de setembro de 2008 – 3 de decembro de 2013
Q55237164 Traducir
14 de maio de 1994 – 4 de maio de 1996
← Rafael Vera Fernández-Huidobro (en) TraducirRicardo Martí Fluxá →
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxuíza , política , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020fifth anniversary of El Español (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2537816

María Margarita Robles Fernández, nada en León o 10 de novembro de 1956, é unha xuíza e política española, actual ministra de Defensa do Goberno de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun avogado, cursou estudos primarios na escola das Teresianas de León.​ Aos doce anos trasladouse coa súa familia para vivir a Barcelona, cidade na que máis tarde estudou Dereito.​

En 1981, con 25 anos, ingresou na carreira xudicial como número un da súa promoción converténdose na cuarta muller xuíz de España.​ Aos 26 anos o seu primeiro destino como xuíz foi a localidade de Balaguer (Lleida), posteriormente estivo en Sant Feliu de Llobregat (Barcelona) e en Bilbao. Foi a primeira muller en presidir unha Sala do contencioso-administrativo. Foi maxistrada da Audiencia provincial de Barcelona, que presidiu aos 34 anos, sendo a primeira muller en ser presidenta dunha audiencia provincial.​

Próxima ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), en 1993 foi nomeada polo Consello de Ministros subsecretaria do Ministerio de Xustiza de España, a proposta do titular do departamento, Juan Alberto Belloch. Ao tomar posesión do cargo, estableceu como unha das súas prioridades a aplicación de xuízos rápidos no ámbito estatal. Entre 1994 e 1996 foi secretaria de Estado do Ministerio do Interior, converténdose na número dous do ministro de Xustiza e Interior Juan Alberto Belloch na última lexislatura do goberno socialista de Felipe González.​ Foi tamén xuíz do Contencioso na Audiencia Nacional.

De setembro do 2008 a decembro de 2013 foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, elixidos por maioría de tres quintos nos plenos do Congreso e o Senado,​ destacando por ser unha das vogais máis activas. Votou a favor da destitución do seu presidente e do Tribunal Supremo Carlos Dívar por mor da polémica xurdida por aceptar invitacións para viaxar a Marbella.​

Robles é membro da asociación Xuíces para a Democracia (JpD), e participa activamente nos congresos e reunións da asociación.

En maio de 2016 deu o salto á política anunciando que sería a número dous da lista do PSOE por Madrid encabezada por Pedro Sánchez, para as eleccións xerais do 26 de xuño.​ Robles solicitara unha excedencia como maxistrada do Tribunal Supremo pero o 19 de maio a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou nunha rifada decisión por catro votos a tres que a excedencia supón a perda de condición de maxistrada do Supremo.​ Margarita Robles foi unha dos quince deputados que votaron non na segunda sesión de investidura de Mariano Rajoy para a XII lexislatura do Goberno de España o 29 de outubro de 2016.​ O 18 de xuño de 2017, tras o XXXIX Congreso do PSOE, Robles foi elixida como portavoz do grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados, substituíndo a José Luis Ábalos.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Defensa do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]