Pablo Bustinduy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Bustinduy

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Minister for Social Rights, Consumption and 2030 Agenda (en) Traducir
21 de novembro de 2023 –
← Ione Belarra, Alberto Garzón
Nomeado por: Pedro Sánchez
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

24 de novembro de 2017 –
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

25 de novembro de 2016 – 23 de novembro de 2017
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Instituto de Estudos Políticos de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos Editar o valor em Wikidata
Membro de
Podemos State Citizen Council (en) Traducir (2014–2019) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisJavier Bustinduy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ángeles Amador Millán Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: pbustinduy Twitter: pbustinduy Dialnet: 3918524 Editar o valor em Wikidata

Pablo Bustinduy Amador, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. Voceiro do Grupo Parlamentario de Unidos Podemos na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados e deputado de Podemos por Madrid. É, asemade, o coordinador da Secretaría Internacional de Podemos.[1] Dende novembro de 2023 é ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Ángeles Amador Millán, exministra de Sanidade entre 1993 e 1996; e de Javier Bustinduy.

Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus estudos en Francia, onde obtivo un máster en Historia e Pensamento Político no Instituto de Estudos Políticos de París, con mención Summa Cum Laude; e nos Estados Unidos de América, onde traballa na súa tese doutoral en filosofía política na New School for Social Research de Nova York.

Traballou como investigador e profesor de Filosofía en varias universidades dos Estados Unidos (Universidade de Fairfield, Saint Francis College e CUNY University) e como articulista en varios medios. Moitos dos seus artigos quedaron recollidos no blog pourlafindutemps. Tamén traduciu, prologado e editou obras relacionadas coa economía, o pensamento político e a estética, como Kleptopia, de Matt Taibbi, Le Destin des images, de Jacques Rancière, a obra colectiva Lugares comunes, ou État de vigilance, de Michael Foessel, entre outras.

Implicado no proxecto de Podemos dende os seus comezos, traballou como coordinador da Delegación de Podemos no Parlamento Europeo despois das eleccións europeas de 2014. Dende marzo de 2015 é integrante do Consello de Coordinación, ocupando a carteira da Secretaría Internacional. Foi elixido deputado por Madrid nas eleccións de 2015 e reelixido nas de 2016. No Congreso dos Deputados é voceiro do Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea para as Comisións de Asuntos Exteriores e Unión Europea.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha de Transparencia en Podemos". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  2. "Ficha no Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2021.