Ministerio de Economía e Empresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ministerio de Economía e Empresa
Logotipo del Ministerio de Economía y Empresa.svg
Información xeral
Sitio web
http://www.mineco.gob.es/

O Ministerio de Economía e Empresa de España é o actual departamento ministerial con competencias en economía e empresa. O seu titular é Nadia Calviño.

Historia[editar | editar a fonte]

Este Ministerio créase por primeira vez con este nome coa chegada á Presidencia do Goberno do socialista Pedro Sánchez durante a segunda metade da XII Lexislatura. Corresponde ao Ministerio de Economía e Empresa o exercicio de competencias que exercían na primeira metade da lexislatura o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (as relacionadas con Economía) e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (as que teñen que ver coa Axenda Dixital), deixando de ser responsable dos asuntos relacionados con Ciencia, que pasan a ser responsabilidade do novo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e dos temas relacionados con Comercio, dos que se encarga o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Funcións[editar | editar a fonte]

Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Economía e Empresa a proposta e execución da política do Goberno en materia económica e de reformas para a mellora da competitividade, de desenvolvemento industrial, de telecomunicacións e sociedade da información, de desenvolvemento da Axenda Dixital así como a política de apoio á empresa, e o resto de competencias e atribucións que lle confire o ordenamento xurídico.[1]

Estrutura orgánica básica[editar | editar a fonte]

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

  • Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa.
  • Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital.

Titulares[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.

Notas[editar | editar a fonte]