Fernando Miramontes
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1935 A Coruña |
| Morte | 13 de xaneiro de 2021 Ferrol |
| Concelleiro | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista, político |
Fernando Miramontes Vázquez, nado na Coruña en 1935 e finado en Vilagarcía de Arousa o 13 de xaneiro de 2021, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende os 10 anos marchou vivir a Ferrol onde traballou dende os 14 anos como escaiolista. Emigrou a Francia e retornou a Ferrol nos anos sesenta. Sindicalista, foi loitador antifranquista. Foi detido nove veces. Estivo preso no cárcere da Coruña 5 veces e a raíz dos sucesos de Ferrol de 1972 foi torturado salvaxemente pola policía.[1] Militante do PCE Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi elixido concelleiro de Ferrol. Volveu ser concelleiro en varias lexislaturas e foi tenente alcalde de Ferrol.[2]