Miquel Iceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miquel Iceta
Miquel Iceta 2021 (portrait).jpg
Nacemento17 de agosto de 1960
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónpolítico
IrmánsNúria Iceta Llorens
Firma de Miquel Iceta.svg
editar datos en Wikidata ]

Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960, é un político catalán, primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende o ano 2014[1] e dende o 27 de xaneiro de 2021, Ministro de Política Territorial do Goberno de España. Foi nomeado en substitución de Carolina Darias, que foi nomenada Ministra de Sanidade, en substitución de Salvador Illa, que deixou o cargo para concorrer como candidato do PSC nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.[2]

Iceta foi secretario primeiro do Parlamento de Cataluña dende 2012 até 2014 e candidato a Presidente da Generalitat de Cataluña polo PSC nas eleccións de 2015 e de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iceta comezou a súa actividade política como afiliado do Partit Socialista Popular (PSP) de Cataluña con 17 anos, pasando en 1978 a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), entrando na súa dirección en 1984, realizando labores de organización, formación e de coordinación de campañas electorais.

Foi un dos primeiros políticos españois en declarar abertamente a súa condición de homosexual.[3]

Foi concelleiro de Cornellà de Llobregat entre 1987 e 1991, director do departamento de análise do gabinete da Presidencia do Goberno español (1991-1995), subdirector do devandito gabinete (1995-1996). Nas Eleccións xerais de 1996 resultou elixido deputado por Barcelona na candidatura do PSC-PSOE.

No 1999 presentouse nas listas ao Parlamento de Cataluña, revalidando a súa acta nas eleccións de 2003, 2006, 2010 e 2012. Na VII lexislatura foi relator na redacción do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006. Foi voceiro do Grupo Parlamentario Socialista de 2003 a 2012. Na constitución da X lexislatura, o 17 de decembro de 2012, asumiu o posto de secretario primeiro da Mesa do Parlamento.

Dentro do Partit dels Socialistes de Catalunya foi viceprimeiro secretario (2000-2011). No ano 2011 optou á primeira secretaría,[4] aínda que finalmente retirou a súa candidatura por falta de apoios.[5] Trala renuncia de Pere Navarro como primeiro secretario do PSC en 2014, Iceta foi o único candidato que se presentou para substituílo nas primarias.

Foi candidato do PSC en 2015 para a presidencia da Generalitat de Cataluña nas que o seu partido acadou 16 escanos.

En 2016 foi reelixido líder do PSC, gañando nas primarias a Núria Parlón. Repetiu como aspirante do PSC á presidencia da Generalitat no contexto das eleccións autonómicas de 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]