Diana Morant
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Diana Morant Ripoll 25 de xuño de 1980 (44 anos) Gandia, España |
Secretario Xeral do PSPV-PSOE | |
23 de marzo de 2024 – ← Ximo Puig | |
Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades | |
12 de xullo de 2021 – ← Pedro Duque | |
Deputy of Valencia province (en) | |
xullo de 2015 – maio de 2017 (dimisión) – Salvador Femenia Peiró → | |
Alcaldesa de Gandía | |
13 de xuño de 2015 – 11 de xullo de 2021 ← Arturo Torró – José Manuel Prieto Part (pt) → | |
City councillor of Gandia (en) | |
11 de xuño de 2011 – 11 de xullo de 2021 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Politécnica de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | política, enxeñeira |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Páxina web | dianamorant.es |
Diana Morant Ripoll nada en Gandía, Valencia, o 25 de xuño de 1980 é unha política española. Iniciou a súa carreira política no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) o 11 de xuño de 2011 e, en 2014, converteuse en Secretaria Xeral do PSPV en Gandía. Foi alcaldesa de Gandía (Valencia) desde o 13 de xuño de 2015 até que o 10 de xullo de 2021 foi nomeada Ministra de Ciencia do Goberno de España trala remodelación do Goberno de España.
Tamén foi deputada na Deputación de Valencia dende xullo de 2015 a maio de 2017.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Diana Morant naceu en Gandía no seo dunha familia na que é a maior de dúas irmás. Viviu durante a súa infancia entre o barrio gandiense de Corea e a Praia de Gandía, onde pasaba longas tempadas coa súa familia. Estudou Educación Xeral Básica (EXB) no colexio Abat Solà de Gandía e, máis tarde, cursou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto María Enríquez de Gandía. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Valencia, obtendo a titulación en 2007.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Graduada en 2007 e tras varios anos exercendo a súa carreira profesional como enxeñeira, en febreiro de 2011 foi convidada polo entón alcalde de Gandía, José Manuel Orengo Pastor, a formar parte da candidatura do PSPV-PSOE de Gandía nas eleccións locais do 24 de maio de 2011. Na candidatura, ocupou o posto número 5 na lista electoral. Naquelas eleccións, o PSPV-PSOE obtivo 10 concelleiros, sendo nomeada oficialmente concelleira do concello de Gandía o 11 de xuño de 2011. Durante a lexislatura de 2011 a 2015 foi rexedora na oposición.
En maio de 2014, José Manuel Orengo, entón Secretario Xeral do PSPV-PSOE de Gandía, anunciou que daba un paso atrás e renunciaba á secretaría xeral do partido. Diana Morant, entón Secretaria de Organización, anunciou a súa candidatura a liderar o partido en Gandía, sendo elixida en xuño de 2014.
En outubro de 2014, Diana Morant presentou a súa candidatura ao proceso de primarias que o PSPV puxo en marcha para elixir os seus candidatos e candidatas a alcaldes e alcaldesas.[2] A súa foi a única candidatura presentada, polo que foi proclamada candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía para as eleccións de maio de 2015.
Nas eleccións municipais de 2015, o PP obtivo 12 edís, o PSPV-PSOE 7, a coalición Més Gandia 5 e Cidadáns 1. Tres semanas despois, o 13 de xuño de 2015, no pleno de investidura, Diana Morant obtivo os apoios dos concelleiros do PSPV-PSOE, Més Gandía e o edil de Cidadáns, logrando así a alcaldía de Gandia pondo final a catro anos de goberno en maioría absoluta do PP.[3]
En xullo de 2015, foi proposta pola comarca da Safor-Valldigna, co aval da dirección nacional do PSPV-PSOE e do seu Secretario Xeral, Ximo Puig, como Deputada Provincial, sendo máis tarde nomeada Deputada delegada de Mancomunidades e Comarcalización no novo goberno provincial presidido por Jorge Rodríguez Gramage. En maio de 2017, dimitiu como deputada para se centrar no seu traballo na alcaldía de Gandía.[4]
Durante a súa actual etapa como alcaldesa, Gandía foi nomeada Capital Cultural Valenciana, sendo esta a primeira vez que a Conselleria d'Educació, Investigació, Cultura i Esport da Generalitat Valenciana outorgaba esta distinción.[5] Unha capitalidade que tivo o seu acto inaugural o 22 de xuño de 2017 na praza Major de Gandia e para a que se programaron todo un feixe de actos repartidos ao longo do catro estacións do ano: primavera de artes plásticas; verán de artes musicais, outono de artes literarias e inverno de artes escénicas e audiovisuais.[6][7]
Diana Morant Ripoll repetiu como candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía e nas eleccións celebradas o 26 de maio de 2019 a candidatura socialista que lideraba foi a máis votada no municipio. Os resultados foron os seguintes:[8]
Partido | Votos | % | Concelleiros |
---|---|---|---|
PSOE | 11.906 | 35,76 | 11 (+4) |
PP | 10.597 | 31,83 | 9 (-3) |
Compromís Més Gandia Unida | 4.740 | 14,24 | 4 (-1) |
C's | 1.822 | 5,47 | 1 (0) |
VOX | 1.465 | 4,40 | 0 (0) |
Podemos | 1.076 | 3,23 | 0 (0) |
Els verds | 1.075 | 3,23 | 0 (0) |
Demòcrates valencians | 355 | 1,07 | 0 (0) |
O 15 de xuño de 2019, Diana Morant Ripoll foi investida alcaldesa de Gandía cunha maioría de 15 votos (11 concelleiros do PSPV máis os 4 de Compromís Més Gandia Unida). En virtude do acordo bautizado como o Pacte del Serpis,[9][10] a alcaldesa de Gandía dirixiu un goberno de 15 concelleiros, o máis amplo da historia democrática da cidade, conformada polas dúas formacións que votaron a favor seu na investidura.
Ministra
[editar | editar a fonte]O 10 de xullo de 2021, o presidente do goberno español, Pedro Sánchez, informou do seu nomeamento como Ministra de Ciencia[11] en substitución de Pedro Duque trala remodelación do Goberno que fixo durante ese xullo e que involucrou varios ministros do seu Goberno. Tomou posesión o día 12 de xullo.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diana Morant. Diputada Delegada de Mancomunidades y Comarcalización". dival.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Europa Press (15 de setembro de 2014). "Diana Morant anuncia su candidatura a las primarias para la Alcaldía de Gandia". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ S., S. (14 de xuño de 2015). "El gobierno más plural de Gandia". levante-emv.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Aguar, Ximo (25 de abril de 2017). "Diana Morant dimite como diputada provincial para centrarse en la Alcaldía de Gandia". valenciaplaza.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ De la dueña, Óscar (20 de abril de 2017). "El Consell escoge Gandia para ser la primera Capital Cultural Valenciana de la historia". lasprovincias.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Cuquerella, Toni (23 de xuño de 2017). "Gandia inaugura los actos como Capital Cultural Valenciana". eldiario.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Diana Morant (26 de abril de 2017). "Gandia, Capital Cultural Valenciana" (en valenciano). Consultado o 26 de abril de 2017.
- ↑ "Resumen del escrutinio en Valencia". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (13 de xuño de 2019). "Firmado el Pacto del Serpis". valenciaextra.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Redacción (13 de xuño de 2019). "Signat el Pacte del Serpis". elperiodic.com (en catalán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Bodí, Enrique (10 de xullo de 2021). "Diana Morant, alcaldesa de Gandia, nueva ministra de Ciencia e Innovación". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ "Diana Morant toma posesión como ministra de Ciencia e Innovación". lamoncloa.gob.es (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.