Saltar ao contido

Pilar Llop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísima Señora Editar o valor en Wikidata
Pilar Llop

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Pilar Llop Cuenca Editar o valor en Wikidata
3 de agosto de 1973 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ministro de Xustiza de España
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023
 Juan Carlos Campo MorenoFélix Bolaños 
Deputada na Asemblea de Madrid

8 de xuño de 2021 

Presidenta do Senado de España
3 de decembro de 2019 – 12 de xullo de 2021
 Manuel Cruz RodríguezAnder Gil 
Senadora de España
11 de xullo de 2019 – 29 de maio de 2023
Nomeado por: Asemblea de Madrid
Deputada na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2019 

Government Delegate for Gender Violence (en) Traducir
24 de xullo de 2018 – 13 de abril de 2019
Deputada na Asemblea de Madrid
9 de xuño de 2015 – 13 de xullo de 2018 – Ricardo Vicente Peña Mari 

Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Alacant Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxuíza, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: LlopPilar Twitter: pilar_llop Instagram: pilar_llop Youtube: UCMpmCmWIfQJ06P65v4L_gWA Dialnet: 3337682 Editar o valor en Wikidata

Pilar Llop Cuenca, nada en Madrid o 3 de agosto de 1973, é unha xuíza e política española, especialista en violencia de xénero, deputada da Asemblea de Madrid dende 2015, senadora por designación autonómica dende xullo de 2019 e presidenta da Cámara Alta dende decembro do mesmo ano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

De familia humilde, o seu pai, nado en Barcelona, era taxista[2] e a súa nai, nada en Madrid de orixe asturiana, era perruqueira.[3][4] Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén é especialista en tradución xurídica inglés-español pola Universidade de Alacant. Foi estudante Erasmus durante o último ano da súa licenciatura na Universidade de Viena e fala inglés, alemán e francés, ademais de saber italiano e búlgaro.[4]

Traxectoria na Maxistratura

[editar | editar a fonte]

Formouse en Barcelona na Escola Xudicial e cando ingresou no poder xudicial por oposición, en 1999, un dos seus primeiros destinos foi o xulgado número 1 de Mataró; momento no que tiña a súa residencia en Xirona.[2]

Dende 2001, estivo destinada a diferentes lugares como xuíza instrutora, posto no que entrou en contacto coa trata e a violencia contra as mulleres. En 2004, foi ascendida a maxistrada e comezou a tomar contacto coa perspectiva de xénero e a formarse, asistindo voluntariamente a cursos organizados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre violencia de xénero e igualdade, segundo explicou nalgunhas entrevistas ao dar o paso á política.

En 2009, accedeu a un xulgado especializado en violencia de xénero. De 2011 a 2015 foi avogada no Gabinete Técnico do Consello Xeral do Poder Xudicial, con responsabilidades como a xefa da Sección do Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero,[2] Secretaria da Comisión de Igualdade, Secretaria do Foro de Xustiza e Discapacidade e Secretario do Comité de Dirección do Consello Xeral do Poder Xudicial. O seu derradeiro destino xudicial antes de se incorporar á política, foi o xulgado de violencia de xénero número 5 de Madrid.[4][5]

Proxectos internacionais

[editar | editar a fonte]

Entre 2006 e 2007, Llop compaxinou a súa carreira como maxistrada coa de consultora internacional e traballou para a Comisión Europea na Dirección Xeral de Cooperación Internacional (AIDCO) de Bruxelas, encargada de xustiza, dereitos humanos e asuntos das ONG; así como en diversos proxectos internacionais en países en preadhesión á Unión Europea. De xullo de 2009 a decembro de 2010 traballou en Bulgaria como asesora residente no proxecto de irmandamento para fortalecer o sistema xudicial búlgaro e, en 2017, estivo na República Dominicana dentro dun proxecto da Unión Europea para apoiar e potenciar o Ministerio da Muller dominicano.[6]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

En 2015, anunciou o seu paso á política como candidata a deputada autonómica no número 8 da lista do PSOE para as eleccións á Asemblea de Madrid de 2015[7][8] na candidatura de Ángel Gabilondo.[2][3] Foi a número 8 da lista e obtivo un escano. Na 10ª lexislatura da Asemblea de Madrid, foi o portavoz da Comisión de Xustiza e da Comisión de Estatuto de Autonomía, Regulamento e Estatuto Adxunto, ademais de membro do Consello Permanente.

En abril de 2016, anunciouse que sería o número dous da lista do PSOE por Madrid, que sería encabezada por Pedro Sánchez, en substitución de Meritxell Batet, que pasaría á cabeza da lista por Barcelona, [9]mais, finalmente o posto foi ocupado por Margarita Robles.[10] En xullo de 2018, foi nomeada delegada do goberno para a violencia de xénero en substitución de María José Ordoñez.[2][5][11][12] Deixou o seu posto en abril de 2019, tras anunciar a súa intención de presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid en 2019, sendo elixida en maio. En xullo, a Asemblea de Madrid nomeouna senadora rexional.[13] Converteuse en senadora o 11 de xullo de 2019 e o 31 de xullo o seu grupo parlamentario asignouna ás comisións de Igualdade, Xustiza, Xerais das Comunidades Autónomas e Defensa,[11] sendo elixida presidenta desta última.[14] Despois da repetición electoral das elección xerais de novembro de 2019, Llop foi elixida presidenta da Cámara Alta por 130 votos a favor.[15]

Posturas políticas

[editar | editar a fonte]

É independente, non está afiliada ao PSOE, por ser incompatible co seu exercicio como xuíza[15] e está afiliada á asociación xudicial Jueces para la Democracia.[4]

Defende a necesidade de que os xuíces e fiscais que manexan procesos de violencia de xénero teñan formación especializada en perspectiva de xénero; de xeito, que cando os casos cheguen a eles se afasten dos estereotipos.[6] Está a favor de reformar e adaptar os delitos contra a liberdade sexual á complexidade xurídica. Respecto da sentenza contra La Manada, sinalou que o medo é un elemento esencial para considerar que hai intimidación: "o Tribunal Supremo di que para que haxa intimidación a ameaza debe estar de palabra ou de feito. O medo é un elemento esencial. E o medo vicia calquera consentimento. Sempre".[16]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casada e ten unha filla.

  1. Ruiz Alonso, Germán (3/12/2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". El País (en castelán).
  2. 1 2 3 4 5 Merino, Juan Carlos (6 de decembro de 2019). "Pilar Llop, la presidenta que fue feliz en Catalunya". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  3. 1 2 Redacción (4 de decembro de 2019). "'Piluqui' Llop, la hija de la peluquera en Bellas Vistas: de ayudar en el local a presidenta del Senado". elespanol.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  4. 1 2 3 4 Redacción (6 de xullo de 2015 -actualización 11 de outubro de 2018-). "Pilar Llop: «Estoy en política para que la igualdad entre hombres y mujeres sea una realidad»". confilegal.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  5. 1 2 Álvarez, Pilar (13 de xullo de 2018). "Pilar Llop, nueva delegada del Gobierno para la Violencia de Género". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  6. 1 2 Polanco, Deyanira (16 de novembro de 2017). "Jueza española: los casos de violencia contra la mujer deben ser conocidos por tribunales especializados". listindiario.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  7. "JUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE MADRID. Elecciones a la Asamblea de Madrid 2015. PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS. FASE PROCLAMACIÓN" (PDF). Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid (en castelán) (99): 37. 28 DE ABRIL DE 2015. Archived from the original on 11 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2021.
  8. Treceño, Jaime (24 de marzo de 2015). "Un perfil técnico como número 2 de Ángel Gabilondo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  9. Redacción (30 de abril de 2016). "La jueza Pilar Llop será la número dos de Sánchez en el sitio de Batet". elnacional.cat (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  10. Romero, Juanma (13 de maio de 2016). "Sánchez 'revoluciona' las listas de Madrid y Barcelona para taponar la sangría de votos". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  11. 1 2 Redacción (2 de decembro de 2019). "Así es Pilar Llop, la nueva presidenta del Senado: jueza políglota, feminista, casada y madre". eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
  12. Castro, Irene (12 de xullo de 2018). "Pilar Llop: una jueza bregada contra el maltrato a las mujeres será la delegada del Gobierno para la violencia de género". eldiario.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  13. EFE (10 de xullo de 2019). "La Asamblea de Madrid designa a los siete senadores de la Comunidad". eleconomista.es (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021.
  14. Alberola, Miquel (31de xullo de 2019). "El PSOE copa la presidencia de 28 de las 29 comisiones del Senado". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  15. 1 2 Ruiz Alonso, Germán (3 de decembro de 2019). "Pilar Llop, presidenta del Senado por mayoría simple". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.
  16. Redacción (27 de abril de 2018). "Pilar Llop Cuenca: "El miedo es un elemento esencial para considerar que hay intimidación. Y el temor vicia cualquier consentimiento. Siempre"". ondacero.es (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Cruz

Presidencia do Senado

2019 - 2021
Sucesor:
Ander Gil García