Irene Montero
Irene Montero | |
---|---|
![]() Montero en 2016. | |
Nome completo | Irene María Montero Gil |
Nacemento | 13 de febreiro de 1988 (34 anos) |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Autónoma de Madrid e Colegio Siglo XXI |
Ocupación | Política e psicóloga |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Irene María Montero Gil, nada en Madrid o 13 de febreiro de 1988, é unha política e psicóloga española, membro da dirección de Podemos. Deputada por Madrid da lexislatura XII do Congreso dos Deputados. Actual Voceira do Grupo Confederal Unidos Podemos -En Comú Podem -En Marea no Congreso. É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no colexio Siglo XXI do barrio de Moratalaz en Madrid. Afiliouse á Xuventude Comunista (UJCE) ós 16 anos.[2] É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[3] Uniuse a Podemos xunto a Rafael Mayoral tras as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.
En novembro de 2014, tras ser candidata ó Consello Cidadán de Podemos, foi nomeada responsable de Movementos Sociais.[4][5] Ademais, comezou a dirixir o gabinete do líder de Podemos, Pablo Iglesias, a súa actual parella.[6]
Durante a campaña electoral previa ás eleccións do 20 de decembro de 2015, Pablo Iglesias afirmou que sería a vicepresidenta e ministra da Presidencia dun hipotético goberno de Podemos.[7]
É membro da Mesa de Coordinación de Podemos, secretaria de Acción no Congreso e xefa do gabinete de Pablo Iglesias, secretario xeral do partido.
Ministra de Igualdade[editar | editar a fonte]
En 2020, Pedro Sánchez resulta elixido de novo, tralas eleccións xerais de novembro de 2019. Tralo pacto entre PSOE e Podemos, acádase un acordo para formar goberno de coalición en España por primeira vez na súa historia moderna, trala experiencia da Fronte Popular durante a Segunda República. Irene Montero -con 31 anos- chega ó Goberno desta forma e é nomeada ministra, coa mesma idade que tiña a que foi a primeira ministra de Igualdade de España, a socialista Bibiana Aído, cando o presidente José Luis Rodríguez Zapatero a puxo á fronte desa nova carteira, e converteuna na ministra máis nova da historia de España. A dirixente de Podemos igualou este récord.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Consulta los currículos de la dirección de Podemos". Cinco Días.
- ↑ "Irene Montero, la mujer que programa a Pablo Iglesias". La Vanguardia.
- ↑ "Consulta los currículos de la dirección de Podemos". Cinco Días. 15 de novembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ "Irene Montero y Juan Manuel del Olmo, candidatos al Consejo Ciudadano de Podemos: "Un proyecto de construcción de voluntad popular para el cambio político"". Tercera Información.
- ↑ "Esta es la lista de miembros de la nueva dirección de Podemos". Huffington Post.
- ↑ "Irene Montero y Pablo Iglesias anuncian que serán padres de “dos criaturas”". El País (en castelán). 1 de abril de 2018. Consultado o 1 de abril de 2018.
- ↑ "Irene Montero, la Soraya de Podemos". El Mundo.
- ↑ Press, Europa (9 de xaneiro de 2020). "Irene Montero, ministra de Igualdad tras una carrera meteórica que empezó a los 16 años en la Juventud Comunista". www.europapress.es. Consultado o 11 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irene Montero ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Irene Montero Gil Arquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina oficial de Transparencia de Podemos. (en castelán)
- Nados en 1988
- Nados en Madrid
- Políticos de Podemos
- Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Ministros de España
- Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura