Nadia Calviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nadia Calviño
Nadia Calviño

7 de xuño de 2018 – No cargo
Presidente Pedro Sánchez
Goberno da XII Lexislatura
Monarca Filipe VI
Precedido por Román Escolano
(Economía, Industria e Competitividade)

Datos persoais
Nacemento 3 de outubro de 1968 (50 anos)
A Coruña
Partido PSOE
Pais José María Calviño
Fillos Catro
Profesión Economista. Licenciada en Dereito, Política
Alma máter Universidade Complutense de Madrid
(Licenciatura en Economía)
UNED
(Licenciatura en Dereito)
Residencia Madrid

Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968,[1] é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, e a Ministra de Economía e Empresa de España.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Nadia Calviño licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1991, e en Dereito pola UNED, en 2001.

Etapas e España[editar | editar a fonte]

Calviño foi entre 1989 e 1997 consultora económica en dous despachos de avogados de Madrid e, entre 1991 e 1994 foi profesora asociada de Política Económica e do Sistema Financeiro español na Universidad Complutense.[3]

A nova titular de Economía, que é Técnica comercial e Economista do Estado (actualmente en excedencia), traballou durante dez anos no ámbito da administración pública, no Ministerio de Economía e Facenda, onde desempeñou numerosos cargos. Entre 1994 e 1996 foi xefa de servizo na Dirección de Análises do Traballo de Mercado e Precios na Dirección Xeral de Previsión e Coxuntura e, en 1998, subdirectora de Análises Macroeconómicos e Previsións na Dirección Xeral de Política Económica e Defensa da Competencia. Entre 1999 e 2000 foi xefa do Gabinete do director xeral de Política Comercial e Inversión Estranxeira da Secretaría de Estado de Comercio e Turismo.[3]

Entre maio de 2004 e agosto de 2006, durante o mandato de Pedro Solbes, foi nomeada directora xeral de Defensa da Competencia.[3]

Etapa na Unión Europea[editar | editar a fonte]

No ano 2006 pasou a traballar na Comisión Europea. En Bruxelas foi subdirectora de Competencia (DG COMP) desde setembro de 2006 a outubro de 2010, cargo que deixou para ocupar até abril de 2014 o cargo de subdirectora de Mercado Interior (DG MARKT).[3]

A principios de abril de 2014 foi nomeada directora xeral de Orzamentos.[4][5]

Ministra de Economía no goberno de Pedro Sanchez[editar | editar a fonte]

En 2018 foi elixida ministra de Economía por Pedro Sánchez, despois da moción de censura que o PSOE presentou contra o goberno de Mariano Rajoy e que foi aprobada polo Congreso dos Deputados o 1 de xuño de 2018.[6]

O 7 de xuño foi nomeada ministra de Economía e Empresa,[7][8] tomando posesión do cargo o día seguinte.

Na súa toma de posesión como ministra mostrou o seu agrademento aos seus predecesores e mentores. Dos socialistas —Pedro Solbes, Joaquín Almunia e David Vegara— dixo que sen eles non podería ter chegado a Europa. E do ministro saínte, Román Escolano, recordou que non só fora seu preparador das oposicións, senón que era tamén «un amigo», destacando que tomara unha decisión «moi difícil» ao aceptar substituír a Luis de Guindos, «pero que fora moi valente, e con iso amosou seu compromiso con España, polo que rodos debemos de estarlle agradecidos».[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Artigos en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "Concepto, evolución y nuevos desafíos para el mercado único". En: Tratado de derecho y políticas de la Unión Europea. Coord. por José María Beneyto Pérez, Jerónimo Maillo González-Orús, Belén Becerril Atienza, Vol. 6, 2013 (Mercado Único Europeo y Unión Económica y Monetaria), ISBN 978-84-9903-940-4, pp. 31–72.
  • "La regulación de los mercados y la competencia". En: La regulación de los mercados [Recurso electrónico]: telecomunicaciones, energía y valores, 2009, ISBN 978-84-7787-114-9, pp. 25–38.
  • "La aplicación práctica del derecho de la competencia: el efecto disuasorio de las sanciones". En: 1989-2007 una reflexión sobre la política de defensa de la competencia. Madrid: Círculo de Empresarios, 2008, ISSN 1133-1771, pp. 23–52.

Artigos en revistas[editar | editar a fonte]

  • "Los costes del despido en España" (Con José Ramón Lorente Hurtado). Economistas, ISSN 0212-4386, Año Nº 14, Nº 69, 1996, pp. 325–335.
  • "Algunas reflexiones para el debate sobre el tratamiento de las eficiencias en el análisis de las concentraciones empresariales". Anuario de la competencia, Nº 1, 2002, pp. 67–92.
  • "El Reglamento 139/2004: novedades sustantivas en el sistema comunitario de control de concentraciones". Anuario de la competencia, Nº 1, 2003, pp. 57–88.
  • "La reforma del sistema español de defensa de la competencia: refuerzo de los instrumentos para luchar contra las conductas más lesivas". Anuario de la competencia, Nº 1, 2005, pp. 63–83.
  • "El proceso de modernización de la política de competencia en España". Gaceta jurídica de la Unión Europea y de la competencia, ISSN 1575-2054, Nº 241, 2006, pp. 5-12.
  • "Regulación y competencia en telecomunicaciones: los retos derivados del nuevo marco normativo". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 832, 2006, pp. 59-74.
  • "La respuesta de la Comisión Europea ante la crisis económica: El papel de la política de la competencia". Civitas. Revista española de derecho europeo, ISSN 1579-6302, Nº. 36, 2010, pp. 479-484.
  • "Reforma de la regulación financiera europea: retos futuros". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 874, 2013, pp. 65–80.

Vida privada[editar | editar a fonte]

É filla de José María Calviño, que foi director xeral do ente público Radio Televisión Española entre 1982 e 1986.[3]

Fala 4 linguas: castelán, inglés, francés e alemán. Segundo comentou nunha recente entrevista na TVG o galego é a súa materia pendente.[9]

É nai de catro fillos. Entre as súas afeccións están o cinema dos anos 50 e a cociña.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]