Ministerio de Xuventude e Infancia (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ministerio de Xuventude e Infancia
Información xeral
Xurisdición España España
Sede central Madrid

O Ministerio de Xuventude e Infancia (MIJUI) de España é o departamento da Administración Xeral do Estado encargado da proposta e da execución da política do Goberno da Nación en materia de mocidade e de protección do menor.[1]

O departamento ten a súa sede na Casa Sindical de Madrid, sede tradicional das competencias relacionadas coa política social. Creouse en novembro de 2023, como unha escisión do entón Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Desde 2023, a súa titular é Sira Rego.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Xuventude e Infancia é un dos departamentos creados polo presidente do Goberno Pedro Sánchez no seu terceiro goberno.[1] Trátase dunha escisión das competencias que até entón desempeñaba o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Ademais de asumir o control do histórico Instituto da Xuventude, estruturouse a través dunha Secretaría de Estado de Xuventude e Infancia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Informativos Telecinco (2023-11-20). "Juventud e Infancia, el nuevo ministerio del Gobierno de Pedro Sánchez: al frente estará Sira Rego, de Sumar" (en Spanish). Consultado o 2023-11-20. 
  2. Pereda, África Gelardo Arrebola, Cristina F. (2023-11-20). "Sira Rego estará al frente de Juventud e Infancia" (en castelán). Consultado o 2023-11-20. 
  3. Presidencia del Gobierno (21 de novembro de 2023). "Real Decreto 829/2023, de 20 de noviembre, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales.". Presidencia del Gobierno. Consultado o 2023-11-21. 

Enlaces externos[editar | editar a fonte]