Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (España)
| Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Cargo dirixente
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Disolución
| |
|
Substitúe a
| |
|
Substituído por
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
Xurisdición
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana de España é o departamento da Administración Xeral do Estado encargado das políticas do Goberno en relación ao dereito á vivenda, edificación, urbanismo, solo e arquitectura.
Foi creado por primeira vez tras a aprobación da Lei do Solo no ano 1957, asumindo as competencias de urbanismo (Dirección Xeral de Arquitectura e Urbanismo) que anteriormente dependían do Ministerio da Gobernación. Suprimido en 1977, volveuse a restablecer na VIII lexislatura, sendo presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, coa finalidade de garantir a toda a cidadanía o acceso a unha vivenda de calidade. En 2010 volveuse suprimir e, en 2023, Pedro Sánchez restableceuno baixo o nome de «Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana».
A súa titular é, desde o 21 de novembro de 2023, Isabel Rodríguez García, ministra de Política Territorial e voceira do Goberno entre 2021 e 2023.[1]
Orixes
[editar | editar a fonte]Foi creado en 1957 durante a ditadura de Franco, sendo nomeado o seu ministro José Luís de Arrese. Creouse para a acción administrativa en materia de vivenda, arquitectura e urbanismo, agrupando diversos organismos existentes: Dirección Xeral de Rexións Devastadas, Dirección Xeral de Arquitectura e Urbanismo e Instituto Nacional da Vivenda.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-

-
Placa do Instituto Nacional de la Vivienda, nun edificio construído ao amparo da Lei do Solo de 1954
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marcos, José (2023-11-20). "Isabel Rodríguez cambia el territorio por la vivienda" (en castelán). Consultado o 2023-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do Ministerio de Vivenda
- Web da Sociedade Pública de Aluguer Arquivado 20 de novembro de 2023 en Wayback Machine.
- Web da Entidade Pública Empresarial de Chan