Alberto Garzón
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Alberto Garzón | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alberto Garzón Espinosa e Alberto Carlos Garzón Espinosa |
Nacemento | 9 de outubro de 1985 |
Logroño | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Málaga e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | político e economista |
Irmáns | Eduardo Garzón |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alberto Garzón Espinosa, nado en Logroño o 9 de outubro de 1985, é un economista e político español ligado á Izquierda Unida.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi investigador na Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, así como membro do colectivo Economía crítica y crítica de la economía. Militante de Izquierda Unida, dende as Eleccións Xerais 2011 en España é deputado no Congreso dos Deputados pola dita formación.
Membro da Unión de Juventudes Comunistas de España e militante de Izquierda Unida dende 2003, Garzón é licenciado en Economía pola Universidade de Málaga, cun mestrado en Economía Internacional e Desenvolvemento pola Universidade Complutense de Madrid[1] Tamén é membro de ATTAC (organización que promove o control democrático dos mercados financeiros).[2]
O 2 de outubro de 2011 foi elixido para encabezar a lista de Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía por Málaga para as Elecciones xerais de España,[3] resultando elixido deputado,[4] sendo o deputado máis novo do congreso nesa lexislatura.
O 29 de novembro, Garzón e mais o seu compañeiro de filas Cayo Lara convertéronse nos primeiros deputados en renunciar ao sistema de pensións privado que se lles concede aos membros do Congreso.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
- La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla (2009; canda a Juan Torres López)
- La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada? (Editorial Sequitur & ATTAC España, 2009; canda a Juan Torres López)
- ¿Están en peligro las pensiones públicas? (Editorial Attac España, 2010; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
- Hay alternativas (Editorial Sequitur & Attac España, 2011; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Un riojano miembro del 15-M, cabeza del cartel de IU al Congreso por Málaga, en larioja.com o 3 de outubro de 2011.
- ↑ Nota biográfica no blog persoal de Alberto Garzón Espinosa.
- ↑ IULV-CA aprueba sus candidaturas electorales presentando unas listas "cremallera" y "plurales", en 20 minutos o 2 de outubro de 2011.
- ↑ "[Resultados oficiales das eleccións xerais do 20 de novembro de 2011 na provincia de Málaga]" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2012..
- ↑ Dos diputados de IU renuncian al plan de pensiones que les da el Congreso
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto Garzón ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web (en castelán)
- Blog de Alberto Garzón (en castelán)
- Hay alternativas (pdf) (en castelán)
- Personalidades da política da Rioxa
- Políticos de IU
- Nados en 1985
- Nados en Logroño
- Alumnos da Universidade de Málaga
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Ministros de España