Luis Planas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
Luis Planas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1952 |
Valencia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valencia |
Ocupación | político, diplomático e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Planas Puchades, nado en Valencia o 20 de novembro de 1952, é un político español, membro do PSOE e actual ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e premio Extraordinario de Licenciatura. É Inspector de Traballo e da Seguridade Social. En 1980 ingresa por oposición á Inspección de Traballo e é destinado a Córdoba.
Entre 1982 e 1986 foi deputado por Córdoba no Congreso dos Deputados e entre 1986 e 1993, deputado no Parlamento Europeo. Foi tamén conselleiro de Agricultura e Pesca (1993-1994) e conselleiro de Presidencia (1994-1996) da Junta de Andalucía. En 1996 foi senador designado polo Parlamento de Andalucía.
Entre 2004 e 2010 foi embaixador de España en Marrocos, e entre 2010 e 2011, embaixador de España ante a Unión Europea. Posteriormente volveu a ocupar o posto de conselleiro de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente da Junta de Andalucía (2012-2013). Entre 2014 e 2018 foi o secretario xeral do Comité Económico e Social da Unión Europea.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Planas ![]() |
- Nados en Valencia
- Nados en 1952
- Políticos do PSOE
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Alumnos da Universidade de Valencia
- Senadores de España polo PSOE
- Embaixadores de España en Marrocos
- Senadores por designación do Parlamento de Andalucía
- Europarlamentarios de España (1984-1989)
- Europarlamentarios de España (1989-1994)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura