Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
Logotipo del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.svg
Información xeral
Ministro Magdalena Valerio Cordero
Sitio web
http://www.empleo.gob.es/

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España é o actual departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de Seguridade Social, así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración. A súa titular é Magdalena Valerio.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.

A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.

Lista de ministras e ministros de Traballo[editar | editar a fonte]

Período Inicio Remate Nome Partido
Reinado de

Afonso XIII (1902-1923)

8 de maio de 1920 13 de marzo de 1921 Carlos Cañal y Migolla (6)
13 de marzo de 1921 14 de agosto de 1921 Eduardo Sanz y Escartín (6)
14 de agosto de 1921 8 de marzo de 1922 Leopoldo Matos y Massieu (6)
8 de marzo de 1922 7 de decembro de 1922 Abilio Calderón Rojo (12)
7 de decembro de 1922 3 de setembro de 1923 Joaquín Chapaprieta Torregrosa (12)
3 de setembro de 1923 15 de setembro de 1923 Luis Armiñán Pérez (12)
Ditadura de

Primo de Rivera (1923-1931)

17 de setembro de 1923 21 de decembro de 1923 Alejandro García Martín (12)
21 de decembro de 1923 7 de febreiro de 1924 Juan Flórez Posada (12)
7 de febreiro de 1924 3 de novembro de 1928 Eduardo Aunós Pérez (12)
3 de novembro de 1928 30 de xaneiro de 1930 Eduardo Aunós Pérez (4)
30 de xaneiro de 1930 18 de febreiro de 1931 Pedro Sangro y Ros de Olano (4)
18 de febreiro de 1931 14 de abril de 1931 Gabriel Maura y Gamazo (4)
II República(1931-1939) 14 de abril de 1931 12 de setembro de 1933 Francisco Largo Caballero (1) PSOE
12 de setembro de 1933 8 de outubro de 1933 Ricardo Samper Ibáñez (1) PRR
8 de outubro de 1933 16 de decembro de 1933 Carles Pi i Sunyer (1) ERC
16 de decembro de 1933 28 de abril de 1934 José Estadella Arnó (1) PRR
28 de abril de 1934 4 de outubro de 1934 José Estadella Arnó (2) PRR
4 de outubro de 1934 3 de abril de 1935 José Oriol Anguera de Sojo (2) CEDA
3 de abril de 1935 6 de maio de 1935 Eloy Vaquero Cantillo (2) PRR
6 de maio de 1935 25 de setembro de 1935 Federico Salmón Amorín (2) CEDA
25 de setembro de 1935 14 de decembro de 1935 Federico Salmón Amorín (3) CEDA
14 de decembro de 1935 30 de decembro de 1935 Alfredo Martínez García-Argüelles (3) PLD
30 de decembro de 1935 19 de febreiro de 1936 Manuel Becerra Fernández (3) PC
19 de febreiro de 1936 13 de maio de 1936 Enrique Ramos Ramos (2) IR
13 de maio de 1936 19 de xullo de 1936 Juan Lluhí Vallescá (2) ERC
19 de xullo de 1936 19 de xullo de 1936 Bernardo Giner de los Ríos (2) UR
19 de xullo de 1936 4 de setembro de 1936 Juan Lluhí Vallescá (2) ERC
4 de setembro de 1936 4 de novembro de 1936 José Tomás Piera (2) ERC
4 de novembro de 1936 17 de maio de 1937 Anastasio de Gracia Villarrubia (4) PSOE
17 de maio de 1937 1 de abril de 1939 Jaume Aiguader i Miró (5) ERC
Franquismo(1936-1975) 3 de outubro de 1936 30 de xaneiro de 1938 Alejandro Gallo Artacho (6)
30 de xaneiro de 1938 9 de agosto de 1939 Pedro González-Bueno y Bocos (13)
9 de agosto de 1939 20 de maio de 1941 Joaquín Benjumea Burín (7)
20 de maio de 1941 25 de febreiro de 1957 José Antonio Girón de Velasco (6)
25 de febreiro de 1957 10 de xullo de 1962 Fermín Sanz-Orrio y Sanz (6)
10 de xullo de 1962 29 de outubro de 1969 Jesús Romeo Gorría (6)
29 de outubro de 1969 11 de marzo de 1975 Licinio de la Fuente y de la Fuente (6)
11 de marzo de 1975 12 de decembro de 1975 Fernando Suárez González (6)
Reinado de

Juan Carlos I (1975-2014)

12 de decembro de 1975 5 de xullo de 1976 José Solís Ruiz (6)
5 de xullo de 1976 4 de xullo de 1977 Álvaro Rengifo Calderón (6)
4 de xullo de 1977 28 de febreiro de 1978 Manuel Jiménez de Parga (6) UCD
28 de febreiro de 1978 3 de maio de 1980 Rafael Calvo Ortega (6) UCD
3 de maio de 1980 9 de setembro de 1980 Salvador Sánchez Terán (6) UCD
9 de setembro de 1980 26 de febreiro de 1981 Félix Manuel Pérez Miyares (6) UCD
26 de febreiro de 1981 2 de decembro de 1981 Jesús Sancho Rof (8) UCD
2 de decembro de 1981 2 de decembro de 1982 Santiago Rodríguez Miranda (9) UCD
3 de decembro de 1982 25 de xullo de 1986 Joaquín Almunia (9) PSOE
26 de xullo de 1986 2 de maio de 1990 Manuel Chaves (9) PSOE
2 de maio de 1990 12 de xullo de 1993 Luis Martínez Noval (9) PSOE
13 de xullo de 1993 5 de maio de 1996 José Antonio Griñán (9) PSOE
6 de maio de 1996 20 de xaneiro de 1999 Javier Arenas (10) PP
20 de xaneiro de 1999 21 de febreiro de 2000 Manuel Pimentel (10) PP
21 de febreiro de 2000 10 de xullo de 2002 Juan Carlos Aparicio (10) PP
10 de xullo de 2002 17 de abril de 2004 Eduardo Zaplana (10) PP
18 de abril de 2004 12 de abril de 2008 Jesús Caldera (10) PSOE
12 de abril de 2008 20 de outubro de 2010 Celestino Corbacho (11) PSOE
20 de outubro de 2010 21 de decembro de 2011 Valeriano Gómez (11) PSOE
22 de decembro de 2011 7 de xuño de 2018 Fátima Báñez (14) PP
Reinado de Filipe VI (2014-)
7 de xuño de 2018 Magdalena Valerio (15) PSOE

(1) Ministerio de Traballo e Previsión Social
(2) Ministerio de Traballo, Sanidade e Previsión Social
(3) Ministerio de Traballo, Sanidade e Xustiza
(4) Ministerio de Traballo e Previsión
(5) Ministerio de Traballo e Asistencia Social
(6) Ministerio de Traballo
(7) Ministerio de Agricultura e Traballo
(8) Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social
(9) Ministerio de Traballo e Seguridade Social
(10) Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
(11) Ministerio de Traballo e Inmigración
(12) Ministerio de Traballo, Comercio e Industria
(13) Ministerio de Acción e Organización Sindical
(14) Ministerio de Emprego e Seguridade Social
(15) Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Funcións[editar | editar a fonte]

Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[1]

  • Secretaría de Estado de Migracións.
  • Secretaría de Estado da Seguridade Social.
  • Secretaría de Estado de Emprego.
  • Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Titulares[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • Inspección do traballo
  • Ministerios de Traballo de España

Referencias[editar | editar a fonte]