Saltar ao contido

Ione Belarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísima Señora Editar o valor en Wikidata
Ione Belarra

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Pamplona Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
Representa: Podemos

17 de agosto de 2023 

Circunscrición electoral: Madrid
Secretario xeral de Podemos
13 de xuño de 2021 
 Pablo Iglesias Turrión
Ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030
31 de marzo de 2021 – 20 de novembro de 2023
 Pablo Iglesias TurriónPablo Bustinduy 
Secretaria de Estado para a Axenda 2030
15 de xaneiro de 2020 – 31 de marzo de 2021
Deputada de España
Representa: Unidas Podemos

3 de decembro de 2019 

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
13 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
11 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Navarra

Datos persoais
Ideoloxía políticaPopulismo de esquerdas Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - psicoloxía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, psicóloga Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSumar (2023–2023)
Podemos Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Facebook: IoneBelarra Twitter: ionebelarra Instagram: ionebelarra Dialnet: 3151294 Editar o valor en Wikidata

Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga navarra, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É graduada superior en integración social, licenciada en psicoloxía, máster en psicoloxía da educación e segundo ano de doutoramento en educación, desenvolvemento e aprendizaxe. Traballou en Cruz Vermella, na Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e na Universidade Autónoma de Madrid.[2]

Naceu e viviu en Pamplona até que comezou os seus estudos en psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Dende entón, traballou en investigación en cuestións relacionadas coa educación, as experiencias migratorias e os dereitos humanos. Durante estes anos foi activista en diferentes organizacións como SOS Racismo e en plataformas e campañas polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) así como en diversas mobilizacións a prol dos dereitos humanos das persoas en situación de especial vulnerabilidade.

En novembro de 2014 accedeu ó Consello Cidadán Estatal de Podemos tras votación en primarias.[3] Foi nomeada responsable da área de Dereitos Humanos, Cidadanía e Diversidade.[4]

Ocupou o primeiro posto pola circunscrición electoral de Navarra de Podemos para as eleccións xerais do 20 de decembro de 2015[5] e logrou escano no Congreso dos Deputados sendo nomeada voceira suplente da Deputación Permanente e membro suplente da Delegación española na Asemblea da Unión Interparlamentaria (UIP).[6][7]

Nas eleccións xerais de 2016 volveu encabezar a lista de Podemos por Navarra e obtivo escano na XII lexislatura no Congreso dos Deputados.

O 12 de febreiro de 2017 volveu ser elixida en primarias conselleira cidadá estatal de Podemos.[8] O 18 de febreiro de 2017 foi nomeada voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados e pertence ó grupo de técnicos e expertos que conforman o "ensaio xeral do futuro goberno" ou "goberno na sombra" de Podemos.[9][10]

Tralo inicio do Goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos, Ione Belarra foi nomeada secretaria de Estado para a Axenda 2030. Tomou posesión do cargo o 22 de xaneiro de 2020.[11] En marzo de 2021, e tralo anuncio da saída de Pablo Iglesias do Goberno de coalición para presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2021, Belarra foi nomeada ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Publicacións e colaboracións:

  • 2013 - Does Living with Mean Living Together? An in-Depth Analysis of Coexistence in Host Homes for sub-Saharan Population in the City of Madrid
  • 2013 - Experiencia: Geografías de la adolescencia en el área de Madrid
  • 2013 - Hacia la educación intercultural: Un largo camino de ida y vuelta.: En A. Manzanares (coord.) Temas educativos en el punto de mira (pp. 160-186). Madrid: Wolters Kluwer
  • 2014 - Construcción de subjetividades en tiempos de emprendimiento
  • 2014 - Repensando el proceso: propuestas críticas para la educación social desde la perspectiva socio-constructivista Revista Educación Social, Nº19
  • 2014 - Modernisation of Higher Education in Europe : access, retention and employability. Bruxelas : EACEA.
  • 2014 - Aprendizaje de la ciudadanía y participación Mata, P.; Ballesteros, B. e Gil Jaurena,I.
  1. "Ione Belarra, de suplente a diputada revelación". La Vanguardia. 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2021.
  2. "Perfil de investigación". Universidade Autónoma de Madrid.
  3. "La navarra Ione Belarra, en la dirección de Podemos". El Diario de Navarra.
  4. "Esta es la lista de miembros de la nueva dirección de Podemos". Huffington Post.
  5. "Así es el equipo de Pablo Iglesias para ganar las elecciones generales". El Mundo.
  6. "Listado de los diputados electos en los comicios de hoy - Lunes, 21 de diciembre de 2015 (01:59)". El Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2015.
  7. "Ione Belarra Congreso de los Diputados". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2021.
  8. "Resultados votaciones de Vistalegre II". Podemos.
  9. "La diputada navarra Ione Belarra, portavoz adjunta de Podemos en el Congreso". El Diario de Noticias de Navarra. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2017.
  10. "El ‘gobierno en la sombra’ de Podemos, uno a uno". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2017.
  11. "Unidas-Podemos toma posesión de la Agenda 2030".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]