María Jesús Montero
María Jesús Montero | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María Jesús Montero Cuadrado |
Nacemento | 4 de febreiro de 1966 |
Lugar de nacemento | Sevilla |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Sevilla |
Ocupación | política e médica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Jesús Montero Cuadrado, nada o 4 de febreiro de 1966 en Sevilla,[1] é unha política española, membro do PSOE foi nomeada ministra de Facenda do Goberno de España en xuño de 2018.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Sevilla, e técnico de Función Administrativa de hospitais. Ocupou varios postos de responsabilidade ao longo da súa traxectoria profesional, fundamentalmente ligados á especialización da xestión sanitaria.
Entre setembro de 2002 e abril de 2004 ostentou o cargo de viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía, tras o que foi nomeada titular da Consellería de Saúde, responsabilidade que desempeñou ata maio de 2012, data desde a que asume a carteira de Saúde e Benestar Social. Desde o 9 de setembro de 2013 ata o 6 de xuño de 2018 foi conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía. Entre 2008 e 2018 foi tamén deputada no Parlamento de Andalucía.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Facenda do goberno de Pedro Sánchez,[2] despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Cargos exercidos[editar | editar a fonte]
- Viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2002-2004).
- Conselleira de Saúde e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012).
- Deputada por Sevilla no Parlamento de Andalucía (2008-2018).
- Conselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2012-2013).
- Conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía (2013-2018).
- Ministra de Facenda do Goberno de España (2018)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Montero Cuadrado, María Jesús". parlamentodeandalucia.es. Consultado o 19-03-2019.
- ↑ "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com. 7-6-2018. Consultado o 19-03-2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Jesús Montero ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Sevilla
- Nados en 1966
- Políticos do PSOE
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Alumnos da Universidade de Sevilla
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados do Parlamento de Andalucía
- Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura