Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (España)
Información xeral
Sitio web
http://www.mptfp.es

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática é o departamento ministerial encargado das relacións coas comunidades autónomas, as distintas administracións públicas e a función pública en España. O seu titular é Ángel Víctor Torres.

Funcións[editar | editar a fonte]

Segundo o Real Decreto 863/2018, de 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Política Territorial e Función Pública., corresponde ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública:[1]

  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de relacións e cooperación coas comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración Local e as relativas á organización territorial do Estado; así como as relacións coas Delegacións e Subdelegacións do Goberno e o apoio á súa xestión.
  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de función pública, emprego público e formación de empregados públicos; de gobernanza e organización da Administración Xeral do Estado; de procedementos e inspección de servizos; de transparencia e goberno aberto; do desenvolvemento e seguimento de programas para a mellora da xestión pública e a calidade dos servizos.
  • A política de Administración Dixital, así como a coordinación do proceso de racionalización das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos Públicos, e do impulso da Administración electrónica a través da prestación compartida do Servizo Común de Sistemas de Información e Comunicación; igualmente correspóndelle o establecemento das disposicións e directrices necesarias para o seu funcionamento.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

  • A Secretaría de Estado de Política Territorial, da que depende o seguinte órgano directivo:
    • A Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, con rango de Subsecretaría, da que dependen os seguintes órganos directivos:
      • A Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local.
      • A Dirección Xeral de Réxime Xurídico Autonómico e Local.
  • A Secretaría de Estado de Función Pública da que dependen os seguintes órganos directivos:
    • A Secretaría Xeral de Administración Dixital, con rango de Subsecretaría.
    • A Dirección Xeral da Función Pública.
    • A Dirección Xeral de Gobernanza Pública.
    • A Oficina de Conflitos de Intereses, con rango de Dirección Xeral.
  • A Subsecretaría de Política Territorial e Función Pública, da que depende a Secretaría Xeral Técnica.
  • O Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, con rango de Subsecretaría.
  • Gabinete do Ministerio

Histórico de titulares da carteira[editar | editar a fonte]

Ministro Data de inicio Data de fin
Meritxell Batet 7 de xuño de 2018 21 de maio de 2019
Luis Planas (interino) 21 de maio de 2019 13 de xaneiro de 2020
Carolina Darias 13 de xaneiro de 2020 27 de xaneiro de 2021
Miquel Iceta 27 de xaneiro de 2021 2021

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]