Eva Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Solla Fernández

Actualmente no cargo
Dende o 4 de decembro de 2012

Datos persoais
Nacemento 1984
Vigo, Galicia
Partido Partido Comunista de Galicia, Esquerda Unida
Profesión Enfermeira
Alma máter Universidade de Vigo
Twitter @eva_solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, e de secundaria no IES Santa Irene. Diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria do Meixoeiro. Traballou como enfermeira no Servizo Galego de Saúde. É responsable da Secretaría de Organización de Esquerda Unida na Comarca de Vigo. En 2012 foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. O 4 de outubro de 2014 foi elixida Secretaria Xeral do PCG (a primeira muller na historia do PCG no dito cargo) no XIII Congreso do PCG co 95% dos votos dos delegados. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea. O  3 de xuño de 2017 foi elixida Coordinadora Nacional de Esquerda Unida na XII Aseblea Nacional de EU co 100% dos votos emitidos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]