Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Logo
Tipoministerio de España
Data de fundación5 de maio de 1996
Organización subsidiariaSecretary of State for Energy, Tragsa e Directorate General for Water
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.miteco.gob.es/
Twitter: mitecogob Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é un departamento ministerial do Goberno de España encargado do desenvolvemento das políticas gobernamentais en materia de medio ambiente, enerxía, minería, desenvolvemento sustentable, protección do patrimonio natural, da biodiversidade e do mar, auga, loita contra o cambio climático e a dirección dun modelo produtivo e social máis ecolóxico. A actual ministra é Teresa Ribera.

Funcións[editar | editar a fonte]

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xustificou a creación da carteira de Transición Enerxética pola necesidade de concentrar as políticas encamiñadas a construír un futuro sustentable .[1] Neste sentido, este novo ministerio aglutinará todas as competencias enerxéticas e ambientais coas que se pretende, entre outros, acelerar a descarbonización en España .[2]

Segundo o Real Decreto 864/2018, de 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio para a Transición Ecolóxica, corresponde ao Ministerio para a Transición Ecolóxica:[3]

  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de loita contra o cambio climático, protección do patrimonio natural, da biodiversidade e do mar, auga, e enerxía para a transición a un modelo produtivo e social máis ecolóxico.
  • A elaboración da lexislación estatal en materia de augas e costas, medio ambiente, meteoroloxía e climatoloxía.
  • A xestión directa do dominio público hidráulico, do dominio público marítimo-terrestre.
  • A representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.
  • A coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados.
  • O desenvolvemento da política enerxética e mineira nacional, xunto coas medidas destinadas a asegurar o abastecemento enerxético e a coordinación da proxección exterior na materia, garantindo unha correcta regulación do sector e a análise e seguimento destes mercados, xunto coas competencias en minería, todo iso no marco da transición ecolóxica.

Estrutura[editar | editar a fonte]

1. O Ministerio para a Transición Ecolóxica estrutúrase nos seguintes órganos superiores e directivos:[4]

  • A Secretaría de Estado de Enerxía, da que depende a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
    • A Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.
  • A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, da que dependen os seguintes órganos directivos:[5]
    • A Dirección Xeral da auga.
    • A Oficina Española do Cambio Climático, con rango de dirección xeral.
    • A Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental.
    • A Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar.
  • A Subsecretaría para a Transición Ecolóxica.
    • A Secretaría Xeral Técnica do Ministerio para a Transición Ecolóxica
  • Gabinete do Ministerio.

Organismos adscritos[editar | editar a fonte]

Quedan adscritos directamente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica os seguintes organismos:

  • O Organismo Autónomo Parques Nacionais.

As relacións entre o Goberno e o Consello de Seguridade Nuclear fanse a través deste Ministerio.

Notas[editar | editar a fonte]