Saltar ao contido

Joan Subirats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoan Subirats

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Minister for Universities (en) Traducir
20 de decembro de 2021 – 21 de novembro de 2023
 Manuel CastellsDiana Morant 
Deputado provincial de Barcelona
Representa: Q65512473 Traducir

11 de xullo de 2019 – 29 de xullo de 2021 – Pau González Val 
Sixth Deputy Mayor (en) Traducir
xullo de 2019 – 2021
 sen valor
Concelleiro de Barcelona
15 de xuño de 2019 – 2021
First Deputy Mayor of Barcelona (en) Traducir
xuño de 2019 – xullo de 2019
 Gerardo PisarelloJaume Collboni 
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona - doutoramento en Economía (–1980) Editar o valor en Wikidata
Director de teseJordi Solé Tura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica pública e administración pública Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario, político, politicólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona, catedrático (1986–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCatalunya en Comú (2017–) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoGemma Galdón, Francisco Jurado Gilabert (en) Traducir e Jordi Argelaguet i Argemí Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3979431 Facebook: SubiratsJoan Twitter: subirats9 Instagram: jsubirats Bluesky: jsubi.bsky.social BNE: XX1157064 Dialnet: 104678 Editar o valor en Wikidata

Joan Subirats i Humet, nado en Barcelona o 17 de maio de 1951,[1] é profesor de Ciencias Políticas da Universidade Autónoma de Barcelona,[2] especialista en goberno, xestión pública e análise de políticas públicas. Tamén traballou en temas de exclusión social, temas de innovación democrática e sociedade civil. En decembro de 2021, foi nomeado ministro de Universidades do goberno español en substitución de Manuel Castells, que dimitiu por motivos persoais.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e primeira militancia

[editar | editar a fonte]

Nado no barrio de El Raval,[4] estudou Económicas na Universidade de Barcelona entre 1969 e 1974. Moi axiña comezou a militar en Bandera Roja, un partido fundado por ex-militantes do PSUC.[5] En calidade de representante seu participou, en 1973, na Assemblea de Catalunya, movemento que organizou a toda a oposición catalá á ditadura franquista, e foi un dos 113 detidos,[4] polo que foi encarcerado dous meses na Prisión Modelo de Barcelona.[5] Posteriormente, militou no PSUC.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Na década de 1970, comezou a traballar como profesor universitario na facultade de Dereito da UB. En 1980, doutorouse en Economía pola Universidade de Barcelona e a partir de 1985, pasou á Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Autónoma de Barcelona.[5] Foi director do Instituto de Goberno e Políticas Públicas, IGOP, dependente da UAB, dende a súa creación até xullo de 2009, e alí dirixiu posgraos en Economía Cooperativa. Tamén foi profesor visitante en varias universidades como La Sapienza de Roma, a de Georgetown, Universidade de California-Berkeley, a Universidade de Nova York e a UNAM de México.[4][6]

Foi autor e editou títulos como Elementos de Nova Política (CCCB, Barcelona 2003), Análise e xestión de políticas públicas (Ariel, 2008), Do chino ao Raval (Hacer, 2008), Participación e calidade democrática (Ariel, 2009), Autonomías e desigualdades en España: percepcións, evolución social e políticas de benestar (Institut d'Estudis Autonòmics, 2011)[7] e El poder de lo próximo. Las virtudes del municipalismo (Catarata, 2017).

Activismo político

[editar | editar a fonte]

Durante moito tempo estivo na órbita de ICV pero sen implicación política, mais en xuño de 2014 aparece como un dos voceiros de Barcelona en Comú.[5] Despois foi un dos voceiros de Guanyem Barcelona,[8] e é membro da coordinadora de Catalunya en Comú.[Cómpre referencia] En novembro de 2017, foi nomeado Comisario de Cultura do Concello de Barcelona.[9][10]

Nas eleccións municipais de 2019 foi número dous da lista de Barcelona en Comú[5] e foi nomeado concelleiro de Cultura e sexto tenente de alcalde.[11] En xullo de 2021, anunciou que renunciaba ao cargo municipal coincidindo coa súa xubilación.[11] A concellería de Cultura foi asumida por Jordi Martí, ata entón conselleiro de Presidencia, Economía e Orzamentos.[11]

Ten colaborado habitualmente en diversos medios, como o xornal Ara, Catalunya Plural, Crític e El País e no programa La ventana de la Cadena SER.[12][13][14]

  1. "Curriculum Vitae. Joan Subirats". uab.academia.edu (en inglés). 2009. Consultado o 20 de decembro de 2021.
  2. TV3 (11 de outubro de 2012). Entrevista del 3/24: Joan Subirats, catedràtic de Ciències Polítiques de la UAB (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  3. Clavera, Dani; Segura, Sergio (16 de decembro de 2021). "Joan Subirats substituirà Manuel Castells com a ministre d’Universitats". beteve.cat (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  4. 1 2 3 Vidal-Folch, Xavier (19 de decembro de 2021). "Joan Subirats, el ‘profe’ transversal que escucha". elpais.com (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  5. 1 2 3 4 5 Font, Marc (16 de decembro de 2021). "Joan Subirats, el ideólogo de Barcelona en Comú que pausa su jubilación para asumir Universidades". publico.es (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  6. EFE/Redacción (17 de decembro de 2021). "Así es Joan Subirats, el nuevo ministro de Universidades". elperiodicodearagon.com (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  7. "Joan Subirats". cccb.org (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  8. "Guanyem Barcelona buscarà conquerir l'Ajuntament des dels moviments socials". eldiario.es (en catalán). 26 de xuño de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2021.
  9. Blanchar, Clara (17 de novembro de 2021). "Joan Subirats, nou comissionat de Cultura de Colau". cat.elpais.com (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  10. Subirana, Jordi (17 de novembro de 2017). "Joan Subirats, mentor de Colau, nuevo comisionado de Cultura de BCN". metropoliabierta.com (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  11. 1 2 3 Redacción (7 de xullo de 2021). "Joan Subirats es jubila i Jordi Martí serà el seu substitut". elpuntavui.cat (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  12. Redacción (10 de xuño de 2014). "Crític, un nou portal de periodisme d'investigació, comença a buscar fons a Verkami". ara.cat (en catalán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  13. "Joan Subirats". elpais.com (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.
  14. Ellakuría, Iñaki (17 de decembro de 2021). "Joan Subirats, el catedrático que saltó del maragallismo exquisito a dirigir el proyecto de Ada Colau". elmundo.es (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]