Francisco Cacharro Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Francisco Cacharro Pardo, nado en Guarromán (Xaén) o 16 de novembro de 1936 e finado o 8 de marzo de 2015[1], foi un político galego. Foi un dos homes fortes do Partido Popular de Galicia na provincia de Lugo durante boa parte do Fraguismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de entrar en política foi inspector xefe de ensino primario na provincia de Lugo (1973-1981). Omnipresente na política galega desde as posicións máis conservadoras de Galicia, é senador por Lugo desde 1977 a 2008, concelleiro de Lugo desde 1974 a 2007, foi conselleiro de Educación (1982-1983), presidente da Deputación de Lugo desde 1983 ata 2007. Para as eleccións municipais de 2007 Xosé Manuel Barreiro, vicepresidente do PPdeG e presidente do PP provincial de Lugo, anunciou que competiría nas eleccións internas do partido para ser o candidato á presidencia da Deputación Provincial de Lugo, o que se interpretou como unha desautorización da actual dirección do PP cara á súa política. Logo de deixar a presidencia da deputación luguesa mantivo enfrontamentos coa dirección do partido.

Home que non refusaba a polémica, chegou a desmarcarse dos dirixentes do PP galego nos seus últimos anos na Deputación. Mantivo enfrontamentos tanto con eles como co fiscal xefe de Lugo, Jesús Izaguirre, quen o 19 de maio de 2006 chegou a facer un rexistro na sede da Deputación polas presuntas irregularidades na contratación de obras, rexistro coñecido como 'operación Muralla'. Tamén saltou á actualidade nacional polas manifestacións realizadas en xaneiro de 2006 na que apoiou as declaracións[2] do senador Carlos Benet no que equiparaba ó actual presidente do goberno español José Luis Rodríguez Zapatero cun golpista.


Predecesor:
non existía
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Educación
 
1982-1983
Sucesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Predecesor:
Luís Cordeiro
 Escudo Diputación de Lugo.svg
presidente da deputación de Lugo
 
1983-2007
Sucesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu fillo, Francisco Cacharro Gosende, tamén se dedicou á política activa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falece Cacharro Pardo, histórico barón do PP galego, nova aparecida en Praza Pública o 8 de marzo de 2015.
  2. Apoio de Cacharro ás declaracións de Carlos Benet. Nova aparecida no diario 20 minutos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]