Xesús Pérez Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xesús Pérez Varela
Nacemento1949
 Redondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Xesús Pérez Varela, nado en Redondela en 1949, é un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo, Maxisterio na Escola Normal de Lugo e xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid. Exerceu como redactor e comentarista político nos diarios Marca, Aragón Express, La Gaceta del Norte, Región e El Imparcial, xornal que dirixiu entre xuño e decembro de 1979. Foi xefe de publicacións e de comunicación no Museo Arqueológico Nacional (1981-1987). En 1990 foi nomeado director do gabinete de comunicación do presidente da Xunta de Galicia. Co PPdeG foi secretario xeral de Comunicación (1991-1996), deputado no Parlamento de Galicia (1997) e conselleiro de Cultura e Comunicación Social (1997-2005). Despois foi nomeado para o Consello de Administración da CRTVG.


Predecesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
 
1997–2005
Sucesor:
Ánxela Bugallo

Curiosidades[editar | editar a fonte]

No ano 2002, con ocasión dun concerto en Santiago de Compostela da Orquestra Sinfónica de Galicia, preguntóuselle a Xesús Pérez Varela, entón conselleiro de cultura sobre a súa asistencia ao mesmo, e contestou eloxiando á "cantante" "Carmina Burana".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pérez Varela y Carmina Burana" Arquivado 25 de xuño de 2011 en Wayback Machine., artigo de Jose Millares no blog JamSession, 22 de outubro de 2004 (consultado o 8 de marzo de 2010) (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]