Parasito
![]() | Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "parasitismo" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas sigue estes pasos. |
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Un parasito[1] é aquel ser vivo que pasa unha parte ou a totalidade da súa vida no interior ou exterior doutro ser vivo de diferente especie, chamado hospedador ou hospedante (ás veces, de forma confusa, hóspede) a expensas do cal se nutre, producíndolle ou non dano e lesións.[2]
Tipos e características[editar | editar a fonte]
Os parasitos poden ser seres vivos de moitos tipos diferentes, como virus, bacterias, fungos, protozoos, helmintos, artrópodos, algas, e plantas superiores, pero en xeral, o termo resérvase artificialmente para os axentes patóxenos que non son virus, bacterias ou fungos.[3]
A interacción biolóxica entre dúas especies, parasito e hospedador denomínase parasitismo. O parasitismo é unha relación anisoespecífica (entre distintas especias, xa que logo, o feto dos mamíferos) no útero da súa nai non pode ser considerado un parasito), na cal o parasito é dependente metabolicamente do seu hospedador.
A ciencia que estuda os parasitos é a parasitoloxía. Dado que a maioría dos microorganismos que producen infeccións son estudados pola microbioloxía, a parasitoloxía encárgase de estudar exclusivamente os seres eucariotas, xa sexan unicelulares, pero complexos (protozoos) de parasitos pluricelulares (metazoos) como os platelmintos, nematodos, artrópodos etc. En ocasións, é difícil diferenciar o fenómeno do parasitismo do comensalismo, a simbiose, a forese, ou a depredación, polo que estes límites varían dun autor a outro.[2]
Unha das características comúns do parasitismo é que supón un intercambio de substancias, que provoca no hospedador unha resposta inmunóloxica. Un parasito debe vencer a acción do sistema inmune do hospedador para ter éxito. As interaccións antíxeno-anticorpo son máis complicadas canto maior sexa a complexidade dos antíxenos. As células dos eucariotas posúen unha gran cantidade de antíxenos comparada coas de bacterias ou virus. Un recurso de inmunoevasión para o parasito é o de formar antíxenos que se parezan aos do hóspede (mimetismo). Outro recurso é o de adherir antíxenos do hospedador á superficie exterior do corpo do parasito (enmascaramento antixénico). O resultado é que o hospedador invadido non recoñece ao parasito como invasor ou a resposta que produce non é totalmente efectiva.
Outra característica común do parasitismo é que o parasito debe adaptarse á resposta inmunitaria e en xeral á vida parasitaria, pero tamén o hospedador, porque a poboación parasita exerce unha presión selectiva neste, de modo que parasito e hospedador coevolucionan paralelamente a consecuencia do parasitismo. Isto explica por exemplo, que o xene da anemia falciforme sexa moi frecuente en zonas endémicas de malaria.
Parasitoses humanas máis coñecidas[editar | editar a fonte]
- Insectos:
- Arácnidos:
- Vermes:
- Triquinose
- Teníases
- Ascaridíase (lombrigas redondas intestinais)
- Helmintíase (vermes planos)
- Hidatidose e cisticercose
- Protozoos:
- Amebíase
- Malaria (ou paludismo)
- Leishmaníase
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parasito.
- ↑ 2,0 2,1 "Parasitas". Toda Biologia (en portugués). Consultado o 2 de marzo de 2017.
- ↑ "¿Qué es un parásito" (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parasito |