Saltar ao contido

Penske Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Team Penske»)
Penske
Nome completo Penske Racing
Bandeira Estados Unidos de América Estados Unidos
Baseada en Mooresville, Carolina del Norte
Tempadas en activo 3 (1974-1976)
Número de pilotos IndyCar Series:
2. Juan Pablo Montoya
3. Helio Castroneves
12. Australia Will Power
NASCAR (Sprint Cup) :
2. Brad Keselowski
22. Joey Logano
NASCAR Nationwide Series:
12. Sam Hornish Jr.
22. Brad Keselowski / Ryan Blaney /
Joey Logano
Debut Gran Premio do Canadá de 1974
Carreiras 31 (30 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1976

Team Penske (antes Penske Racing) é un equipo de carreiras que compite nas Serie IndyCar e NASCAR. Tamén competiu anteriormente en carreiras de estrada e Fórmula 1. Team Penske é unha división de Penske Corporation, é propiedade e está presidida por Roger Penske. O presidente do equipo, é Tim Cindric.

Penske participou nas carreiras da serie IndyCar desde 1968[1] cando participou por primeira vez en asociación co equipo Eagle, e co piloto Mark Donohue. O equipo competiu por primeira vez en Indianápolis en 1969, e no prazo de tres anos converteuse nun equipo a bater, cando gañou a carreira con Donohue en 1972. Xa en 1978, Roger Penske, xunto con Pat Patrick, Dan Gurney (expiloto de Fórmula 1), e xunto a outros donos de equipos que participaran no Campionato Nacional USAC, crearon o Campionato Auto Racing Teams (CART) tamén coñecido como CART/IndyCar World Series. En maio de 2012, Penske Racing xa gañara as 500 Millas de Indianápolis 15 veces, obtendo a pole position 16 veces, así como 163 carreiras da IndyCar.

Vitorias nas 500 Millas de Indianápolis

[editar | editar a fonte]

Correndo baixo a denominación de Penske Racing South, Penske debutou na NASCAR en 1972 no Circuíto Riverside International con Mark Donohue. Pilotaba un coche de fábrica patrocinado por American Motors Matador, usando as cores vermello-branco-azul da marca. Foi chamado o "tixolo voador", pola súa forma cadrada e as súas moitas formas aerodinámicas. O coche terminou na posición 39° logo de problemas no coche. O equipo correu de xeito parcial durante uns anos, presentando coches de varios pilotos incluíndo o de Donohue, Dave Marcis, Donnie Allison e Bobby Allison. O equipo correría a tempada completa con Bobby Allison en 1976 cun coche cupé máis aerodinámico, terminando 4º na táboa. Penske vendeu a súa máquina á familia de Bill Elliott en 1977[2] e se ausentaría de NASCAR por varios anos ata 1991.

Kurt Busch correndo o coche N°.2 Miller Lite na serie NASCAR Sprint Cup de 2008.[3]

O equipo estivo ausente durante once anos, regresando en 1991, unha vez máis con Rusty Wallace, sendo patrocinado pola cervexa Miller, quen achegou miles de dólares para o novo equipo. A principios de 2008, Roger Penske e Penske Racing gañaría as 500 Millas de Daytona de 2008 con Ryan Newman, por primeira vez. En 2012, Brad Keselowski logrou o campionato de pilotos, sendo a primeira nesta categoría para el e para o equipo Penske.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
Penske PC1 1975
Un Penske PC3 participando nun Gran Premio Histórico no circuíto de Lime Rock Park en 2009

Penske participou no campionato mundial de Fórmula 1 desde a tempada 1974 ata a tempada 1976. Aínda que os coches foron construídos na base británica de Poole, o equipo era titular dunha licenza estadounidense.[4] En 1971, Penske patrocinou a segunda participación de McLaren nos Grandes Premios de Canadá e os Estados Unidos, con Mark Donohue, que pilotou o coche para subir ao podio. O equipo regresou tres anos máis tarde, no Gran Premio do Canadá de 1974, co seu propio chasis, o PC1, unha bañeira estándar en torno a un motor Cosworth DFV e unha caixa de cambios Hewland. Donohue levou o coche á 12ª posición na súa debut. En 1975, Roger Penske montou un equipo para facer a tempada completa co PC1, Donohue logrou anotar un quinto posto no GP de Suecia. Con todo, o coche foi retirado despois do Gran Premio de Francia e Penske participou cun March 751 nas tres carreiras posteriores, anotando outro quinto no GP de Gran Bretaña. Pero, Donohue estrelou o coche no GP de Austria en Zeltweg e máis tarde morreu a causa das súas feridas. Penske perdeuse a carreira italiana, volvendo só para o GP dos Estados Unidos, abandonando o March 751 en favor do PC1 co piloto de Irlanda do Norte John Watson.

Para 1976, Penske asinou un acordo de patrocinio con Citibank e presentou un novo coche, o PC3, con Watson ao volante. Malia un quinto lugar logrado no GP de Suráfrica en Kyalami, o PC3 converteuse no CP4, que era moito máis competitivo, co que Watson logrou anotar dous podios en Francia e Gran Bretaña. Logo, no Gran Premio de Austria, o equipo anotou a súa única vitoria na F1, "obrigando" a John Watson a afeitarse a súa característica barba. Ata o momento foi a última vez que un construtor estadounidense gañou unha carreira de F1. Pero, Roger Penske estaba cansado de Europa e ao final de ano decidiu concentrarse unicamente nas carreiras de IndyCar, vendendo os restos das súas operacións europeas ao alemá Günther Schmidt. A finais da tempada de Fórmula Un de 2013, Penske segue sendo o último equipo en gañar un Gran Premio de Fórmula Un utilizando unha licenza estadounidense.

En 1977, o coche foi vendido ao equipo privado de Günther Schmidt, ATS e participou baixo o nome de ATS Racing Team. O PC4 ATS-Penske, agora pintado de amarelo, debutou no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 con Jean-Pierre Jarier no volante, onde o francés anotou o único punto do equipo da tempada. Un segundo PC4 foi finalmente para Hans Heyer e Hans Blinder, pero a sorte do equipo rematara e Schmidt retirouse despois do Gran Premio de Italia, antes de regresar en 1978 co seu propio chasis. Un terceiro PC4 foi construído por Penske para Interscope Racing, que participou co coche nos Grandes Premios de Estados Unidos e Canadá, pilotado polo americano Danny Ongais, sen resultados.

En 1979 Penske deseñou e construíu o HR100 para o millonario piloto mexicano Héctor Rebaque. O coche foi presentado nas tres últimas carreiras da tempada, pero tampouco puido clasificarse nin terminar en cada caso.

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Lenda) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Resultados de Penske Racing

[editar | editar a fonte]
Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1974 Penske PC1 Ford V8 G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 0 NC
Mark Donohue 66 12 Ret
1975 March 751 Ford V8 G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 2 12º
Mark Donohue 28 5 Ret NTS
Penske PC1 7 Ret 8 Ret Ret 11 5 8 Ret
John Watson 9
1976 Penske PC3
Penske PC4
Ford V8 G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 20
John Watson 28 Ret 5 NC Ret 7 10 Ret 3 3 7 1 Ret 11 10 6 Ret

Resultados doutros coches Penske

[editar | editar a fonte]

(Lenda) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17
1976 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN
F&S Properties Penske PC3 Ford V8 G Países Baixos Boy Hayje 39 Ret
1977 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN JPN
ATS Racing Team Penske PC4 Ford V8 G Francia Jean-Pierre Jarier 34 6 NSC 11 11 8 Ret 9 Ret 14 Ret Ret
Austria Hans Binder 33 12 NSC
35 8
Alemaña Hans Heyer Ret
Interscope Racing Penske PC4 Ford V8 G Danny Ongais 14 Ret 7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]