Al Unser
Al Unser | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de maio de 1939 |
Lugar de nacemento | Albuquerque |
Falecemento | 9 de decembro de 2021 |
Lugar de falecemento | Chama (Novo México) |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Albuquerque High School |
Ocupación | piloto de automobilismo |
Fillos | Al Unser |
Irmáns | Bobby Unser e Jerry Unser |
Premios | Motorsports Hall of Fame of America |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfred Unser, nado en Albuquerque (Novo México) o 29 de maio de 1939 e finado en Chama, Novo México, o 9 de decembro de 2021, foi un piloto estadounidense,[1] coñecido no mundo do automobilismo como Al Unser ou Al Unser Sr. Nas 500 Millas de Indianápolis acadou catro vitorias (en 1970, 1971, 1978 e 1987), tres segundos postos e catro terceiros postos, sendo elixido entre os tres pilotos máis importantes da historia da carreira.[2] Tamén gañou tres campionatos da IndyCar (en 1970, 1983 e 1985), a Fórmula 1 norteamericana, cun total de 39 carreiras gañadas.
Co seu irmán Bobby Unser (tres Indy 500, dous campionatos e 35 carreiras gañadas) e o seu fillo Al Unser Jr (dous Indy 500, dous campionatos e 34 carreiras gañadas) forma parte dunha das sagas familiares máis importantes da historia do automobilismo.[3]
Al Unser competiu até 1994, e no ano 1998 pasou a ser membro do Salón Internacional da Fama do Automobilismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Al Unser Sr., four-time winner of Indianapolis 500, dies at 82". espn.com. ESPN, Inc. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ Al Unser en "The Greatest 33" Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Unser Racing Museum Arquivado 11 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)