Bobby Unser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bobby Unser
Bobby Unser - 2015 Indianapolis 500 - Stierch.jpg
Unser en 2015
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 1968
Escudería(s) BRM
Grandes Premios disputados 2 (1 saída)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1968
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1968
Penske Cosworth Champ Car de 1979 de Bobby Unser.

Robert William "Bobby" Unser, nado en Colorado Springs (Colorado) o 20 de febreiro de 1934, é un ex-piloto de automobilismo estadounidense. É o irmán de Al Unser, Jerry Unser e Louis Unser, pai de Robby Unser, e tío de Al Unser, Jr. e Johnny Unser. É un dos dez pilotos que gañaron as 500 Millas de Indianápolis tres ou máis veces e un dos dous (seguido por Rick Mears) que gañou as 500 en tres décadas diferentes (1968, 75, 81).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro de catro irmáns. Cando cumpriu 1 ano, a súa familia trasladouse a Albuquerque, Novo México. En 1950, aos 15 anos, gañou o seu primeiro campionato en Southwest Modified Stock Cars. De 1953 a 1955, uniuse á Forza Aérea e converteuse no mellor tirador de alto nivel en competicións militares, aínda que posteriormente lamentouse moito. En 1955, Bobby e os irmáns Jerry e Al Unser decidiron participar nas carreiras da USAC. En 1959, o seu irmán Jerry Unser morreu nun accidente de automóbil nas 500 Millas de Indianápolis.

Bobby ten dous fillos, Bobby, Jr. e Robby, e dúas fillas, Cindy e Jeri.

Carreira na IndyCar[editar | editar a fonte]

Unser veu dunha familia de pilotos de automóbiles. Gañou numerosos campionatos ao longo da súa carreira, incluíndo tres títulos das 500 Millas de Indianápolis.[1][2] Debutou en 1955 en Pike's Peak, chamado "Unser's Peak" debido á historia de éxito da súa familia na subida do monte.[1] Terminou quinto ese ano, detrás dos seus dous irmáns. Un ano máis tarde gañou o primeiro do seu récord de 13 campionatos en Pike's Peak.[3][4] Gañou seis títulos consecutivos de 1958 a 1963. A súa racha terminou en 1964 cando o seu irmán máis novo Al gañou a carreira.[1]

Unser correu no seu primeiro Indianápolis 500 en 1963. Estrelouse cedo e quedou trixésimo terceiro.[5] A súa primeira vitoria na Indy-car foi en 1967 en Mosport, Ontario.[1] Un ano máis tarde, Unser gañou as súas primeiras 500 Millas de Indianápolis, establecendo a marca como o primeiro piloto en alcanzar máis de 273 quilómetros por hora en Indianápolis.[1] En 1969 Unser gañou o seu primeiro campionato de condución nacional da USAC.[2]

En 1972, Unser estableceu outra marca nas 500 Millas de Indianápolis, o mellor tempo de cualificación a 313´82 quilómetros por hora.[6] En 1974 gañou o seu segundo Campionato Nacional de Condución da USAC e un ano máis tarde gañou o seu segundo Indianápolis 500 nunha carreira que se acurtou na volta 174 pola chuvia.[1] De 1979 a 1981, Unser correu nas Champ Car series para Team Penske gañando dez carreiras.[3][4][7] En 1980 converteuse no primeiro piloto en gañar a California 500 catro veces. A súa carreira finalizou en 1981 tras da debacle de Indianápolis.

500 Millas de Indianápolis de 1981[editar | editar a fonte]

Bobby foi o centro dun dos máis polémicos finais na historia da Indy 500 nas 500 Millas de Indianápolis de 1981. Unser gañou a pole no automóbil #3 de Roger Penske e liderou a maior parte das voltas (89 voltas).

Na volta 149, durante un período de precaución, Bobby e Mario Andretti fixeron o seu pit stop e regresaron á carreira. Bobby pasou oito coches durante a precaución, mentres Mario pasou dous coches. Unser continuou e gañou a carreira, pero foi despoxado dela na mañá seguinte a favor de Mario Andretti. Logo dunha demanda e xuízo de 5 meses por parte de Penske, Bobby Unser recuperou a vitoria en outubro de 1981. Pola súa infracción, Unser foi multado con 40.000 dólares.

Pero a polémica e o impacto financeiro (Unser estimou que os respaldos comerciais que perdeu debido ao resultado tardío custoulle un millón de dólares) provocou que un amargado Unser se retirara das carreiras ao final do ano. Nunha entrevista de 1982, Unser negouse a saír do seu retiro e dixo que se retirara porque, tras a polémica, desilusionouse coas carreiras e perdeu a súa paixón pola condución de autos de carreiras.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados nas carreiras de American open-wheel[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position)

USAC[editar | editar a fonte]

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Ranq Puntos
1975 All American Racers ONT1 ONT2
10
ONT3
2
PHX TRE INDY
1
MIL
2
POC
22
MIS
5
MIL2 2480
Jerry O'Connell Racing MIS2
3
TRE2 PHX2
1976 Fletcher Racing PHX
1
TRE
NSC
INDY
10
MIL
3
POC
32
MIS TWS TRE2 MIL2
4
ONT
1
MIS2
4
TWS2
17
PHX2
21
2080
1977 Fletcher Racing ONT
15
PHX
17
TWS TRE
WD
INDY
18
MIL
16
POC
19
MOS MIS
21
TWS2
15
MIL2
17
ONT2
30
MIS2 PHX2
8
35º 75
1978 All American Racers PHX
18
ONT
16
TWS
13
TRE
20
INDY
6
MOS
19
MIL
17
POC
20
MIS
5
ATL
3
TWS2
8
MIL2
20
ONT2
13
MIS2 TRE2 SIL
8
BRH
13
PHX2
11
12º 1122

CART[editar | editar a fonte]

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Ranq. Puntos
1979 Team Penske PHX
5
ATL1
7
ATL2
4
INDY
5
TRE1
1
TRE2
1
MIS1
Ret
MIS2
1
WGL
1
TRE3
2
ONT
1
MIS3
1
ATL3
3
PHX2
2
3820
1980 Team Penske ONT1
Ret
INDY
Ret
MIL1
1
POC
1
MDO
Ret
MIS1
2
WGL
1
MIL2
3
ONT2
1
MIS2
2
MEX
2
PHX
NTS
    3714
1981 Team Penske PHX1
2
MIL1
Ret
ATL1
13
ATL2
6
MIS1
Ret
RIV
9
MIL2
3
MIS2
7
WGL
Ret
MEX
Ret
PHX2
2
      99

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis[editar | editar a fonte]

Ano Chasis Motor Saída Final
1963 Kurtis 500K Novi 16º 33º
1964 Ferguson P104 Novi 22º 32º
1965 Ferguson P104 Novi 19º
1966 Huffaker 66 Offy 28º
1967 Eagle 67 Ford
1968 Eagle 68 Offy
1969 Lola T152 Offy
1970 Eagle 67 Ford 11º
1971 Eagle 71 Offy 12º
1972 Eagle 72 Offy 30º
1973 Eagle 73 Offy 13º
1974 Eagle 74 Offy
1975 Eagle 74 Offy
1976 Eagle 74–76 Offy 12º 10º
1977 Lightning Mk1/77 Offy 18º
1978 Eagle 78 Ford Cosworth DFX 19º
1979 Penske PC-7 Ford Cosworth DFX
1980 Penske PC-9 Ford Cosworth DFX 19º
1981 Penske PC-9B Ford Cosworth DFX

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Unser participou en 2 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1. (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1968 Owen Racing Organisation BRM P126 BRM V12 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITA
NTS
CAN NC 0
BRM P138 USA
Ret
MEX

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Family History". Unser Racing Museum. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Bobby Unser Inventor, Collaborator, 3-time Indy 500 Winner". OnInnovation. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Bobby Unser 1980 USAC Champ Car Series Results". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Bobby Unser 1981 USAC Champ Car Series Results". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 
  5. "1963 Indianapolis 500". Racing Reference. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  6. Oreovicz, John (16 de maio de 2011). "Indy at 100: Fatalities mar the '70s". ESPN. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  7. "Bobby Unser". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]