Samos
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Samos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.210 (2023) (8,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 136,6 km² | ||||
Altitude | 700 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Xesús López López | ||||
Eleccións municipais en Samos | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27000–27999 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27055 | ||||
Sitio web | concellosamos.es |
Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O xentilicio é samanense.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total (habitantes) | 1.458 (2014) |
Menores de 15 anos | 66 (4.53 %) |
Entre 15 e 64 anos | 803 (55.07 %) |
Maiores de 65 anos | 589 (40.4 %) |
Localización
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.
Samos atópase nos contrafortes das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara ao Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.
A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.
O concello esténdese sobre 136,77 km²[2] e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.
Historia
[editar | editar a fonte]Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
En época sueva Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.
Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.
Economía
[editar | editar a fonte]Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Mosteiro de San Xulián de Samos.
Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.
Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- San Bieito, o 11 de xullo
- Santa Basilisa, patroa do mosteiro, o 9 de xaneiro.
- Romaría de San Roque, en Santalla, o 16 de agosto.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Samos.
-
Torre do reloxo de Samos.
-
Mosteiro de San Xulián de Samos.
-
Casa do concello.
-
Fachada Igrexa do Mosteiro.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Samos
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 28-09-2021. Consultado o 26-04-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samos |