Gundriz, Samos
| Gundriz | |
|---|---|
Verán, 2013. | |
| Concello | Samos[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°42′01″N 7°12′29″O / 42.7004, -7.2081 |
| Poboación | 54 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo André de Gundriz é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 80 habitantes (38 homes e 42 mulleres), un menos ca en 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santo André de Gundriz é de planta rectangular e entrada porticada con cuberta a dúas augas. Ademais a parroquia ten catro ermidas. Na parroquia celebrábase a festividade da Nosa Señora do Rosario o primeiro domingo de outubro. Noutras tres aldeas existen ermidas adicadas a Santa Mariña -patroa da aldea que leva o seu nome- o 18 de xullo, a Santa Bárbara en Carqueixeda o primeiro domingo de maio, e San Lourenzo en Portela o 10 de agosto.
Gundriz destaca pola arquitectura popular, con vivendas construídas en cachotaría de lousa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Gundriz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Gundriz no concello de Samos (Lugo) | |
|---|---|
|
Carqueixeda | A Ferrería | Gundriz | Portela | Santa Mariña |