Montán, Samos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°45′59.6″N 7°18′4.4″O / 42.766556, -7.301222

Montán
Igrexa de Montán, Samos.JPG
Igrexa de Santa María de Montán.
ConcelloSamos[1]
ProvinciaLugo
Poboación32 hab. (2013)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Montán é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2013 tiña 32 habitantes, deles 16 eran homes e 16 eran mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa María de Montán é de orixe románica, construída con muros de cachotería, sufriu varias reformas. No interior destaca a grande altura da nave. O acceso conta cun pequeño cabido con cuberta de lousa a tres augas. Conserva un retablo neoclásico con tallas do século XIX.

Documentos do mosteiro de Samos de entre 1058 e 1195 refírense ao lugar como San Miguel de Montán e informan sobre un santuario con reliquias de San Miguel e Santo André (loco sancto isto de Sancti Michaelis et Sancti Andree, quorum reliquie ibidem sunt recondite in villa vocabulo Montan). Montán é, por tanto, a Villa sancti Michaelis que o Códice Calixtino menciona entre Triacastela e Barbadelo, o que confirman os peregrinos posteriores (s. XV) que mencionan un lugar de San Miguel (Sent Michaele, San Michele) situado entre San Xil e Furela. O cambio da advocación de San Miguel pola de Santa María produciuse antes do 1665[2].[3]


Muszla Jakuba.svg
Localidade anterior:
San Xil de Carballo, Samos
a 2 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Montán, Samos
(762 msnm)
125 km á Catedral de Santiago de Compostela
Igrexa(s)
Muszla Jakuba.svg
Seguinte localidade:
Fontearcuda, Lousada, Samos
→ a 0,7 km

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Montán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Montán no concello de Samos (Lugo)

Montán

Parroquias de Samos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Anguita Jaén, José Mª (2000). Estudios sobre el Liber Sancti Iacobi. La Toponimia mayor hispana. Xunta de Galicia. pp. 587–592. ISBN 84-453-2879-4. 
  3. Anguita Jaén, José Mª; Martínez Ortega, Ricardo (1995). "Localización e identificación de los topónimos del Códice Calixtino Villa Sancti Michaelis y Villaus (= Villa Vx, del De rebus Hispanie, 6, 11)". Cuadernos de Filología Clásica. Estudios Latinos (9): 169–177. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]