Conversa portal:Portugal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contribución[editar a fonte]

Bos días, non sei muito ben como funcionan os portais na Galipedia mais como son un editor activo acho que poido axudar bastante na creación de artigos bos (de algunha calidade) sobre Portugal e tentar facer muitos artigos das vilas e concellos portugueses. Saúdos, Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 22 de outubro de 2016 ás 15:05 (UTC)[responder]

Ola Usuario:Gato Preto!! Grazas por visitar o portal de Portugal e interesarte polo traballo relacionado con el. Os portais amosan contidos destacados sobre un tema específico, neste caso relacionados con Portugal. O traballo coordinado non pertence ao portal, sería máis unha función dun Wikiproxecto (creo que non hai a día de hoxe un Wikiproxecto sobre Portugal), no portal o que se fai principalmente é amosar os contidos máis destacados sobre ese tema. Sobre como podes axudar, estaría moi ben o que dis de facer e/ou mellorar artigos das vilas e concellos portugueses para incluílos na sección "Cidade destacada" do portal, sería moi bo ter artigos bos ou de calidade das cidades e concellos máis importantes por poboación e/ou historia (Lisboa, Porto, Guimarães, Coimbra ...), aquí podes atopar información sobre os artigos de calidade, e cando teñas algún artigo que consideres que cumpre cos requisitos podes entrar nesta páxina para iniciar o proceso de votación (o proceso dos artigos bos). Oxalá coa túa axuda aumenten os contidos do portal e a súa calidade, se tes calquera dúbida ou precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Moitísimas grazas polo interese!! Piquito (conversa) 22 de outubro de 2016 ás 20:33 (UTC)[responder]
Piquito Boas noites! Primeiro que nada quero agradecerte pola túa cordialidade. Ah, entendo, a labor editorial é máis de Wikiproxecto do que do portal (se non hai wikiproxecto de Portugal poderiamos procurar xente interesante e amosar os resultados da búsqueda). Agora no comezo estaría máis interesado en crear os artigos do Pinhal Interior Norte e despois ir vendo que fago mais sería bo traducir algún artigo de calidade meu na ptwiki para a glwiki. Estava a navegar por estas paraxes cando vi que había moi poucos artigos sobre as poboacións sul miñotas e achei boa ideia completar isto. Na Wikipédia baixo miñota temos tamén un proxecto que se poide chamar de espello ó Portal:Portugal da glwiki que se dín Galizaplus, é bastante interesante digoo porque poderías estar eventualmente interesado; no comezo estaba composto de editores galegos mais estes ficaron inactivos e os que hai a día de hoxe non son galegos polo que se perde algo desa cousa especial co caracterizaba. Xa comecei a criar algo, vexa Miranda do Corvo (aínda é un pequeno bosquexo).

Para mellorar a calidade da miña participación gustaría de saber si hai algún tipo de tutoria para facilitar o meu início editorial aquí ou cousa do xénero. Outra vez, muitas grazas! Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 22 de outubro de 2016 ás 20:45 (UTC)[responder]

Defensor da Língua, non temos proxecto de titoría na Galipedia, pero xa vin que Piquito xa se ofreceu a botarche unha man así que, dalle duro! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 01:27 (UTC)[responder]
Elisardojm É unha pena non ter proxecto de titoría mais sendo esta unha wiki pequena tamén non é gran problema, acho. Sí, o Piquito está a axudarme mais eston aberto a suxestión de calquer usuario (ah, e para ti teño visto alguns erros en mapas); Elisardojm se queres tamén estás convidado ó Slack da Wikipédia lusófona, un óptimo espazo de Chat que usamos por lá, xa convidei o Piquito para facer a comunicación máis amena e fluida, se queres eu tamén poido aceitarche, pásate pola miña conversa e está lá. Sí, hai que darlle duro! :) Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 23 de outubro de 2016 ás 08:32 (UTC)[responder]
Moi ben, avisa dos mapas eses e miro se os podo amañar. O do chat polo momento creo que non é para min, pero grazas! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 08:48 (UTC)[responder]
Elisardojm Ok, despois fago unha lista cos mapas que están con erros. Bo, o do chat na realidade está aberto para quen queira dentro dos proxectos, de calquer maneira até podía ser bo crear un grupo de Slack para a Galipedia. Saúdos, Defensor da Língua El foro do bo burgo de Castro Caldelas, privilegio entregado por el rey Alfonso IX. Allariz, 1228. (Fala!) 23 de outubro de 2016 ás 13:35 (UTC)[responder]