Centro histórico de Guimarães
Centro histórico de Guimarães | |
---|---|
Edificio barroco no centro histórico, con bandeiras do Condado Portucalense. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | Guimarães, Distrito de Braga |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iii, iv |
Inscrición | 2001 (XXV sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1031 |
O centro histórico de Guimarães atópase asociado ao nacemento da identidade nacional portuguesa do século XII. Constitúe un exemplo excepcionalmente ben conservado da evolución dunha localidade medieval cara a unha cidade moderna. A variada tipoloxía de edificacións mostra o desenvolvemento da arquitectura portuguesa entre os séculos XV e XIX, co uso continuo de técnicas e materiais de construción tradicionais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2001.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Técnicas de construción
[editar | editar a fonte]As técnicas constructivas dominantes son coñecidas como taipa de rodízio e taipa de fasquio. A colocación do xeso constitúe o revestimento final, sobre o cal se aplican pinturas e decoración artesanais. Estas técnicas constructivas, con raíces medievais, continuarán a utilizarse ata os nosos días por ser un proceso constructivo de fácil execución.
“A taipa de rodízio”
[editar | editar a fonte]A taipa de rodízio constitúe unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores, xa que o primeiro andar está case sempre construído con granito.
“A taipa de fasquio”
[editar | editar a fonte]A taipa de fasquio é tamén unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores ao primeiro. Estas paredes compóñense dunha estrutura de táboas de madeira, ligada con cravos a un segundo plano de táboas, dispostas diagonalmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centro histórico de Guimaraes". whc.unesco.org (en castelán).