Laiosa, O Incio
| Laiosa | |
|---|---|
Pazo da Edra | |
| Concello | O Incio[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°38′42″N 7°25′01″O / 42.645024, -7.417029 |
| Área | 9,29 km² |
| Poboación | 88 hab. (2017) |
| Densidade | 9,47 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Laiosa é unha parroquia do concello lucense do Incio, pertencente ó arciprestado do Incio. En 2008 tiña 119 habitantes (57 homes e 62 mulleres), cunha densidade de 12,8 hab./km², o que supón un descenso en relación a 1991 cando tiña 184 habitantes.
Linda ó norte coas parroquias de Eirexalba e Vilasouto (concello do Incio), polo oeste con Guntín e Tuimil (concello de Bóveda), polo leste con Óutara e Canedo (concello da Pobra do Brollón) e polo sur con Freituxe (concello de Bóveda), Guntín e Canedo.
Historia
[editar | editar a fonte]Nun documento de 1501 menciónase a parroquia cando Fernando do Pozo e o seu fillo, moradores do coto de Laiosa, ceden as herdades que posuían en Santa María Madalena de Sarria.
É a capital do vizcondado de Laiosa, creado en 1632 e cuxo título ostentou primeiro Alonso de Lanzós Novoa dás Seijas e Andrade e logo Margarita de Somoza e Saavedra e Gonzalo Sánchez de Somoza.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Laiosa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Laiosa no concello lucense do Incio | |
|---|---|
|
A Brea | O Cabanón | Codesido | A Gandarela | A Picota | O Polvoreiro | San Marcos | O Sío | O Val | A Vila |