O Incio, O Incio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Incio
Concello do Incio
ConcelloO Incio[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°39′24″N 7°21′47″O / 42.656621, -7.36304Coordenadas: 42°39′24″N 7°21′47″O / 42.656621, -7.36304
Poboación221 hab. (2011)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cruz do Incio é unha parroquia do concello do Incio, anexa á do Hospital, na provincia de Lugo. En 2011 tiña 221 habitantes (108 homes e 113 mulleres) 18 máis ca en 1991. En 2017, segundo o INE, eran 201 habitantes, 100 mulleres e 101 homes.Só ten un núcleo de poboación, a aldea da Cruz do Incio, capital do municipio.

Limita ao norte con Sirgueiros, con Óutara (A Pobra do Brollón) ao sur, Hospital ao leste e Eirexalba ao oeste.

Esta freguesía, antes incluída na de Sirgueiros, creouse a finais do século XIX.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Vista do interior da igrexa.

A igrexa da Cruz do Incio é un dos mellores exemplos de templo moderno galego integrado no espazo. O arquitecto foi o madrileño José Luis Fernández del Amo, que dirixiu as obras de construción (1961-1963) desta igrexa que explora as posibilidades poéticas e expresivas dunha modernidade que se adapta ás condicións da contorna. A boa arquitectura non debe verse, comentaba el, e non hai máis que achegarse ao Incio para comprobalo.

O diálogo establecido entre os materiais tradicionais, como os muros de lousa e os pavimentos de pedra das canteiras luguesas, e os de carácter industrial, como as cerchas e os soportes de aceiro, xera un espazo moderno e agradable. O campanario foi concibido como un prisma de lousa cego cunha esfera de reloxio no medio, unha celosía ranurada na esquina superior e unha estilizada agulla como remate.

As vidreiras, que enchen de luz o tempo, son obra de José Luís Gómez Paredes. O altar, o sagrario e a imaxe das Dores de José Luís Sánchez Fernández[3].

En 2015 a Real Academia Galega de Belas Artes incluíu a igrexa nunha listaxe de trece obras de arquitectura moderna de Galicia para as que pediu a declaración de ben de interese cultural (BIC)[4]. A obra promoveuna o crego Argimiro, que marchou a Arxentina, e rematou os pagos Angel, o seguinte cura, que tamén promoveu a restauración da igrexa do Hospital[5].

En 2020 rematou a restauración da igrexa financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.[6]

O 8 de abril de 2021 o Consello da Xunta de Galicia declarou a igrexa da Cruz do Incio Ben de Interese Cultural.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Incio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Incio no concello lucense do Incio

A Cruz do Incio

Parroquias do Incio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía. ISSN 1576-2661. 
  3. "Iglesia de la Santa Cruz de Incio". www.docomoiberico.com. Consultado o 28/08/2018. 
  4. "26 estudiantes propones BIC el tempo de Cruz do Incio". La Voz de Galicia. Consultado o 28/08/2018. 
  5. "Vida de Anxo González, cura do Incio". www.anxo.ingo. Consultado o 28/08/2018. 
  6. "Una jornada de puertas abiertas para ver la restauración de la iglesia de Cruz do Incio". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-06. Consultado o 2020-08-07. 
  7. Lugo, El Progreso de (2021-04-08). "La iglesia de Santa Cruz do Incio, nuevo Ben de Interese Cultural". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]