Río Antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Antiga
Non temos imaxe
País Galicia Galicia
Nacemento Alto de Lamas
Lonxitude 7 km
Caudal medio m³/s
Desembocadura Río Cabe

O río Antiga[1] é un curso fluvial galego que nace na fonte do Alto de Lamas, de 1.144 m de altitude, en Trascastro (O Incio). Descende polo val que leva o seu nome, recibindo as augas dos regato Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde e pola marxe esquerda o regato de Chaos de Pías, ademais de algún ca outro regato de escaso caudal.

Este río discorre por algún dos lugares máis accidentados e escarpados do concello do Incio polo que o seu curso é rápido e accidentado. Finalmente desemboca no río Cabe.

Notas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.