A Cervela, O Incio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′13.07″N 7°28′50.79″O / 42.7036306, -7.4807750

A Cervela
Igrexa de San Cristovo da Cervela, O Incio.jpg
Igrexa de San Cristovo da Cervela.
Concello O Incio
Provincia Lugo
Poboación 106 hab. (2016)
Entidades de poboación 10

San Cristovo da Cervela é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 114 habitantes, deles 51 eran homes e 63 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 118 habitantes. En 2016 eran 106 (49 homes e 57 mulleres).

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Cervela ten que ver cun nome de muller teriomórfico (forma de animal salvaxe), Cervella, diminutivo de cerva[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Festa de Santa Lucía. Celébrase a finais de agosto na Airexe da Cervela. O característico é unha forma de danza que foi pasando de pai a fillo desde os tempos antigos. Algúns veciños din que ten 500 anos de idade. Catro danzantes vestidos con roupas de cores comezan a bailar durante a procesión que sae desde a igrexa ata o cruceiro. Os mozos bailan en zig-zag en torno á imaxe durante a xira[2]. Algúns autores queren ver nesta danza semellanzas histórico-formais coa pedra “danzaín” que existe nun baixorrelevo de Santa Eulalia de Dome (Lugo)[3].

Ademais da Santa Lucía na Airexe tamén é de interese a capeliña e a celebración do San Roque no monte da Penela[4]

A igrexa é de orixe románica do século XII e conserva importantes elementos dese período aínda que sufriu moitas reformas e alteracións posteriores. O cabido ou adro da entrada estaba unido á igrexa pero foi separado porque metía moita humidade. A espadana e a sancristía son do século XVIII. No interior consérvanse en mal estado varias pinturas murais do século XVI. No teito do adro aínda se converva en 2017 unha especie de padiola ou camiña de madeira (chamada tumbón pola veciñanza) para transportar os corpos de falecidos ou feridos de gravidade.[5]

Tamén era de grande valor unha grande cruz procesional de prata desaparecida no último terzo do século XX.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.
Crucerio no campo da festa da Cervela

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Cervela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Cervela no concello lucense do Incio

Abeledo | Airexe | Castragude | A Cervela | Fruxil | Noilán | A Pedragosa | Penaxubeira | A Penela | A Poza | Seixas

Parroquias do Incio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Santa Lucía 2016 Cervela (Vídeo)". Consultado o 09/08/2017. 
  3. "Cultura e turismo: festas". Concello do Incio. Consultado o 04/05/2017. 
  4. "Devoción popular na parroquia de S. Cristovo da Cerbela". Galicia Dixital. Consultado o 04/05/2017. 
  5. "Viejos tesoros de A Cervela". La Voz de Galicia. Consultado o 04/05/2017.