Francisco I de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco I de Austria
Francisco II do Sacro Imperio Romano Xermánico
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Emperador de Austria
Arquiduque de Austria
Francisco de Habsburgo-Lorena en 1792,
ao comezo do seu reinado como Emperador do Sacro Imperio.
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
14 de xullo de 1792 - 6 de agosto de 1806
PredecesorLeopoldo II
Sucesor~
Emperador de Austria
11 de agosto de 1804 - 2 de marzo de 1835
Predecesor~
SucesorFernando I

Outros títulosRei de Hungría,
Rei de Bohemia,
Rei de Dalmacia,
Rei de Francia Oriental (Regnum francorum orientalium ou Xermania),
Rei de Croacia,
Rei do Reino Lombardo-Véneto,
Gran Príncipe de Transilvania,
Duque de Salzburgo,
Duque de Milán
Nacemento12 de febreiro de 1768
Florencia
Falecemento2 de marzo de 1835
(67 anos)
Viena
ConsorteIsabel Guillermina de Württemberg
María Tareixa das Dúas Sicilias
María Luísa de Austria-Este
Carolina Augusta de Baviera
DescendenciaFernando I de Austria
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresLeopoldo II
María Luísa de España

Na rede
WikiTree: Habsburg-Lothringen-9 Find a Grave: 6793004 Editar o valor em Wikidata
Isabel Guillermina de Württemberg (1767-1790), a súa amada e xuvenil primeira esposa.
María Tareixa das Dúas Sicilias (1772-1807), a súa prima irmá e segunda esposa.
María Luísa de Austria-Leste (1787-1816), a terceira e enfermiza esposa.
Carolina Carlota de Baviera (1792-1873), a ex esposa de Guillerme I de Wurtemberg, cuarta esposa de Francisco I.

Francisco I de Austria, Francisco Xosé Carlos de Habsburgo-Lorena (en alemán: Franz Joseph Karl von Habsburg-Lothringen) nado o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, Gran Ducado de Toscana, e finado o 2 de marzo de 1835 en Viena, foi o derradeiro portador do milenario título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806) baixo o nome de Francisco II,[1] e o primeiro emperador de Austria (1804-1835), co nome de Francisco I.[1]

Nacemento e familia[editar | editar a fonte]

Nacido o 12 de febreiro de 1768 en Florencia, capital do Gran Ducado de Toscana, era fillo de Leopoldo II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e da infanta de España María Luísa de Borbón, que naquel momento eran os grandes duques de Toscana.

Francisco era neto por vía paterna de Francisco de Lorena, duque de Lorena, gran duque de Toscana e emperador do Sacro Imperio (Francisco I) e da arquiduquesa María Tareixa I de Austria. Por vía materna os seus avós eran o rei Carlos III de España e a princesa María Amalia de Saxonia.

Matrimonios e fillos[editar | editar a fonte]

O aínda arquiduque Francisco de Austria contraeu matrimonio en primeiras nupcias coa duquesa Isabel Guillermina de Württemberg, filla do duque Frederico II Uxío de Württemberg e da margravina Frederica de Brandeburgo-Schwedt. A voda tivo lugar a en Viena o 6 de xaneiro de 1788. A parella tivo unha única filla:

A duquesa Isabel de Württemberg morreu en Viena o 18 de febreiro de 1790 a consecuencia do parto da súa única filla.

Meses despois, o 15 de agosto de 1790, contraeu matrimonio por procuración en Nápoles coa súa prima irmá María Tareixa das Dúas Sicilias, filla de Fernando I das Dúas Sicilias e de María Carolina de Austria, ratificándose o casamento en Viena o 19 de setembro de 1790. Francisco e María Tareixa eran primos irmáns duplos, xa que Fernando I era irmán de María Luísa de Borbón, infanta de España, e María Carolina de Austria érao do emperador Leopoldo II.

A parella tivo trece fillos:[2]

Meses despois, Francisco contraeu terceiras nupcias coa arquiduquesa María Luísa de Austria-Este en Viena o día 6 de xaneiro de 1808. María Luísa era filla do duque Fernando III de Módena e da princesa María Beatriz de Este. A parella non tivo descendencia e María Luísa falecía en Viena o 7 de abril de 1816.

Francisco casou en cuartas nupcias coa princesa Carolina de Baviera, filla do rei Maximiliano I Xosé de Baviera e da landgravina Augusta de Hessen-Darmstadt. A parella contraeu matrimonio en Múnic o 29 de outubro de 1816. Carolina estivera casada co rei Guillerme I de Württemberg, matrimonio que anulara a Igrexa. A parella non tivo descendencia.

Á súa morte, o 2 de marzo de 1835 en Viena, sucedeulle o seu fillo Fernando I.

Reinado[editar | editar a fonte]

Francisco II, último emperador do Sacro Imperio.

Durante o seu mandato, a súa man dereita foi Metternich, condutor do Congreso de Viena, cuxa relevante xestión devolveu á coroa austríaca os territorios seus que foran ocupados.

Francisco, que era un convencido reaccionario, asentou o seu poder sobre medidas de represión policíaca e censura, para conxurar a ameaza do liberalismo. Nesa tarefa contou coa axuda inestimable de Metternich, con quen chegou a identificarse plenamente nos anos finais do reinado.

Enfrontamentos con Francia[editar | editar a fonte]

Tras a caída do rei Lois XVI de Francia, o Imperio participou de forma destacada nas sucesivas coalicións contra a Francia revolucionaria, saldadas con perdas territoriais para o emperador.

Posteriormente viuse inmerso co resto do continente no conflito contra Napoleón Bonaparte. Participou no Congreso de Viena e asociouse coa Santa Alianza.

En 1804 Francisco I tomara o título de Emperador de Austria, e o 6 de agosto de 1806 decretara a desaparición do Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexera dende 1792, coa clara intención de impedir que Napoleón Bonaparte' se apropiase do título e a lexitimidade histórica que este levaba consigo.[2]

O Imperio austríaco era o resultado da acumulación dunha serie de posesións territoriais entre as que, á parte dos propios territorios austríacos, había que engadir os reinos de Hungría, Bohemia e Dalmacia, as provincias italianas da Lombardía e Venecia, a zona de Galitzia e Cracovia, e os ducados de Salzburgo e Bucovina.

Tras a celebración do matrimonio entre a súa filla María Luísa de Habsburgo-Lorena con Napoleón en 1810, o Imperio austríaco mantívose ao lado de Francia durante un período.

Porén, finalmente, en 1813, Francisco I tivo que aliarse con Prusia e Rusia para facer fronte á pretendida hexemonía de Napoleón sobre Europa, alianza que se mantivo ata a derrota definitiva do emperador francés na batalla de Waterloo en xuño de 1815.

Predecesor:
Leopoldo II

Emperador electo do Sacro Imperio Romano Xermánico

17921806
Sucesor:
Desaparición do título (Francisco de Habsburgo, Rei de Austria)
Predecesor:
Leopoldo II
Rei de Hungría e Bohemia
Arquiduque de Austria

17921835
Sucesor:
Fernando V
Predecesor:
Leopoldo II
Duque de Milán e Mantua
17921796
Sucesor:
Amministrazione generale della Lombardia
Predecesor:
República Cisalpina
Duque de Milán e Mantua
17991800
Sucesor:
República Cisalpina
Predecesor:

Emperador de Austria

18041835
Sucesor:
Fernando I
Predecesor:

Rei da Lombardía-Venecia

18151835
Sucesor:
Fernando I

Ábore xenealóxica[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlos V de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
8. Leopoldo I de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor María Xosefa de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
4. Francisco de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Filipe I de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
9. Isabel Carlota de Borbón-Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel Carlota do Palatinado
 
 
 
 
 
 
 
2. Leopoldo II do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
10. Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Leonor Magdalena do Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
5. María Tareixa I de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Lois Rodolfo de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
11. Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Cristina Luísa de Oettingen-Oettingen
 
 
 
 
 
 
 
1. Francisco I de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Lois de Francia, o Gran Delfín
 
 
 
 
 
 
 
12. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. María Ana Cristina de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
13. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
3. María Luísa de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
14. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
7. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Guillermina de Hannover
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bey der Niederlegung der kaiserlichen Reichs-Regierung. Dekret vom 6. August 1806. in: Otto Posse: Die Siegel Band 5, Beilage 3, Pp 256ff – Verkündung der neuen Titulatur als Kaiser von Österreich
  2. 2,0 2,1 Wheatcroft. The Habsburgs. p. 233.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]