Nicolas Pierre Tiolier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolas Pierre Tiolier
Retrato de Nicolas-Pierre Tiolier, por F. E. Picot (ca. 1817)[1]

Nacemento9 de maio de 1784
  París
Francia
Falecemento25 de setembro de 1843 (59 anos)
  París
Francia
ÁreaDeseño e gravado de moedas, medallas e xemas.
NacionalidadeFrancés
ProxenitoresPierre Joseph Tiolier.
Marie-Marguerite Grosos.
CónxuxeAnne-Adélaïde-Sophie Cléret.
FillosJeanne-Louise Tiolier.
Pierre-Henri Tiolier.
editar datos en Wikidata ]

Nicolas Pierre Tiolier, nado en París o 9 de maio de 1784 e finado na mesma cidade o 25 de setembro de 1843, foi un escultor, medallista e gravador de moedas e de xemas francés.

En 1816 substituíu o seu pai, Pierre Joseph Tiolier, como décimo sexto gravador xeral de moedas de Francia e exerceu este cargo ata o 1 de xaneiro de 1843, cando tomou posesión del Jacques Jean Barre.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nicolas Pierre era fillo do tamén gravador e medallista Pierre Joseph Tiolier (1763-1819). Na súa xuventude foi alumno do seu pai, así como do gravador Romain Vincent Jeuffroy (1749-1826) e do escultor Claude Dejoux (1732-1816).[2][4][5]

Nicolas Pierre Tiolier obtivo en 1805 o primeiro Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina (unha bolsa do Esatdo francés para estudantes de Arte), pola súa obra Le Génie de la gravure présente un cachet à l'Empereur qui lui donne une couronner.[4][6] Como gañador deste premio, residiu en Villa Medici, en Roma, entre 1806 e 1811.[7]

En 1816 herdou do seu pai o cargo de gravador xeral de moedas de Francia. No exercicio desta responsabilidade foi o deseñador e gravador dos cuños dunha gran cantidade de medallas e dalgunhas das moedas máis sobranceiras cuñadas na Monnaie de Paris a nome de Napoleón I (1804-1815), Lois XVIII (1814-1824), Carlos X (1824-1830), Lois Filipe I (1830-1848).[8][9]

Tumba da familia Tiolier no cemiterio Père-Lachaise, de París.[10]

A Tiolier débeselle tamén o deseño dos selos estatais de Napoleón I, de Lois XVIII e de Carlos X.[11][12]

Foi un asiduo participante nos Salóns de París, onde expuxo as súas obras desde 1812 ata 1831, e na edición de 1824 acadou unha medalla de segunda clase.[13][14]

A súa sinatura nas moedas e medallas que deseñou ou que gravou é, habitualmente: TIOLIER, ou N. TIOLIER F ·, ou N · TIOLIER F·.[4][3]

O 23 de abril de 1821 recibiu o título de cabaleiro e o 31 de xullo de 1825 o de oficial da Lexión de Honra.[4][14]

Tiolier morreu en París o 25 de setembro de 1843 e foi soterrado no cemiterio Père Lachaise, de París.[15][16]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Portrait of Nicholas­Pierre Tiolier". Art Renewal Center
  2. 2,0 2,1 Barre, A. (1867). Páxina 11.
  3. 3,0 3,1 Rodot, N. (1904). Páxina 378.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Forrer, L. (1916). Páxina 99.
  5. Parkes Weber, F. (1907). "Medals and medallions of the nineteenth century relating to England, by foreign artists". En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 4ª serie. Vol. 7. Páxina 259
  6. Marx, R. (1897). Páxina 37.
  7. Rambach, H. J. (2013).
  8. Moedas francesas gravadas por N. P. Tiolier. Numista.com
  9. Forrer, L. (1916). Páxinas 100-102.
  10. Texto da lápida (fragmento): [...] Ici repose Nicolas Pierre TIOLIER ancien graveur général des monnaies, officier de la légion d'honr et de Sainte Anne de Russie, né à Paris le IX mai MDCCLXXXIV, décédé à Paris le XXV septembre MDCCCXLII [...]
  11. Forrer, L. (1916). Páxina 102.
  12. Huet, E. (1915). "Le sceau du roi Louis XVIII". En Bulletin de la Société archéologique et historique de l'Orléanais. Tomo XVII. Nº 208.Páxinas 177-178.
  13. Forrer, L. (1916). Páxina 100.
  14. 14,0 14,1 Bellier de La Chavignerie, E. (1882). Páxina 576.
  15. "Tiolier, Pierre Nicolas (1784-1843)". Cimetière du Père Lachaise.
  16. "Nicolas Pierre Tiolier". Find a Grave.
  17. Rambach, H. J. (2013). Páxina 22.
  18. "Pièce de plaisir, module de 5 francs, pour le ministre secrétaire d’État M. Roy 1820". Cgb.fr
  19. "Louis XVIII, module de 5 francs, MR ROY VISITE LA MONNAIE, 1820 PARIS". iNumis.com
  20. "2 Francs - Napoléon I". Numista.com
  21. "20 Francs - Louis-Philippe". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Pierre Joseph Tiolier
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1816 - 1842
Sucesor:
Jacques Jean Barre