Xosefina de Beauharnais
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie | |
---|---|
Emperatriz consorte dos franceses Raíña consorte de Italia Duquesa de Navarra | |
![]() | |
Retrato da Emperatriz Xosefina | |
Nome completo | Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie-Impératrice Joséphine [1] |
Nacemento | 23 de xuño de 1763 Les Trois-Îlets, Martinica, ![]() |
Falecemento | 29 de maio de 1814 (50 anos) Rueil-Malmaison, Illa de Francia, ![]() |
Sepultura | Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia |
Sucesor | María Luísa de Austria |
Consorte | Alexandre, vizconde de Beauharnais Napoleón I |
Descendencia | Eugène de Beauharnais Hortensia de Beauharnais |
![]() Escudo de armas de da emperatriz Xosefina | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),[2] vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica (daquela colonia do Reino de Francia) e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison (Illa de Francia, Francia), crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.
Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xosefina, chamada Rosa até coñecer a Napoleón, naceu e viviu na Martinica (Antillas Menores) até que en 1780 contraeu matrimonio en París con Alexandre de Beauharnais.
A finais de 1783 separouse do seu esposo e pouco despois regresa á Martinica, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación de escravos de 1791 e da Revolución Francesa. De regreso a París ese ano, chega xusto para á caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas aos seus contactos sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con quen casa en 1796, dous anos despois de que o seu primeiro esposo fora axusticiado na guillotina.
En decembro de 1804 Xosefina é coroada emperatriz de Francia polo seu segundo e último esposo, Napoleón.[3] Pouco despois, en 1810, por no serlle posíbel darlle un fillo herdeiro a Napoleón, a parella divorciouse e Xosefina retirouse ao Castelo da Malmaison, da súa propiedade.
Xosefina morreu o 29 de maio de 1814, eloxiada polos franceses, que a chamaban l'bonne Josephine (Xosefina, a boa).[4]
Polo menos até outubro de 1779 Xosefina usou o seu primeiro nome, Rosa, ou o nome máis familiar, Yeyette. Despois do seu matrimonio con Alexandre de Beauharnais, asinaba Vizcondesa de Beauharnais ou ben Lapagerie de Beauharnais. O certificado de matrimonio con Napoleón viña asinado con M. R. J. Tascher, e de alí en adiante asinaba cos dous apelidos: Lapagerie-Bonaparte ou Tascher-Bonaparte. A partir de 1804 asinaba simplemente Joséphine, nome co que foi coroada emperatriz de Francia e col que se rexistraron os eventos legais da súa posteridade.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xenealoxía da familia Tascher de la Pagerie (en francés). tascher-de-la-pagerie.org - Último acceso 9 de setembro de 2016.
- ↑ Encyclopædia Britannica, Inc. citado por biography.com - Joséphine de Beauharnais Biography (1763 - 1814) Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (artigo completo dispoñíbel en inglés). Último acceso 9 de setembro de 2016.
- ↑ Ernest John Knapton; 1963. Empress Josephine Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés). Harvard University Press. Último acceso 9 de setembro de 2016.
- ↑ Ernest John Knapton (revisión por Leo Gershoy) Empress Josephine (en inglés). The American Historical Review, Vol. 70, No. 2 (Jan., 1965), pp. 441-442. Publicado pola American Historical Association. Último acceso 9 de setembro de 2016.
- ↑ Impératrice Josephine; Correspondance, 1782-1814, Chevallier, Catinat and Pincemaille, editors (Paris: Histoire Payot, 1996), p. III. Citado por Sandra Gulland nunha carta publicada na Napoleonic Society of America. Artigo dispoñíbel na World Wide Web: [1].
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosefina de Beauharnais ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Juicio de Napoleón sobre Josefina de Beauharnais. (en castelán)
- Napoleon and Josephine (en inglés)
Predecesor: María Antonieta de Austria Raíña consorte dos franceses |
![]() Emperatriz consorte dos franceses 2 de decembro de 1804 - 10 de xaneiro de 1810 |
Sucesor: María Luísa de Austria |
Predecesor: María Teresa das Dúas Sicilias Princesa das Dúas Sicilias |
![]() Raíña consorte de Italia 26 de maio de 1805 - 10 de xaneiro de 1810 |
Sucesor: María Luísa de Austria |
Predecesor: Novo título |
![]() Duquesa de Navarra 9 de abril de 1810 - 29 de maio de 1814 |
Sucesor: Augusto de Beauharnais |