Casa de Bonaparte
| Casa de Bonaparte | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
De orixe italiana, a casa de Bonaparte, dinastía Bonaparte, familia Bonaparte ou casa Imperial de Francia (orixinalmente Buonaparte) son todos os descendentes de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino, pais do emperador francés Napoleón Bonaparte, que foi elixido primeiro cónsul de Francia o 10 de novembro de 1799 coa axuda de seu irmán Luciano Bonaparte, presidente do Consello dos Cincocentos en Saint-Cloud. Napoleón I coroouse a si mesmo emperador dos franceses en 1804, e gobernou o imperio até 1815.
A familia Bonaparte tamén tivo reis en España, Holanda, Nápoles, Westfalia e un segundo emperador dos franceses, Napoleón III. As persoas que apoiaban o reinado dos Bonaparte foron chamados bonapartistas.
Historia
[editar | editar a fonte]

A familia, formalmente coñecida como Buonaparte (equivalente a "bo partido"), formaba parte da pequena nobreza italiana, proveniente da Toscana e de orixe lombarda, e situada na Lunixgiana (territorio histórico de Italia situado entre o norte da Toscana e a Liguria ao longo do río Magra, nas actuais provincias de La Spezia e Massa-Carrara).
De aí a familia trasladouse a Florencia onde se dividiu en dúas: a orixinal, Buonaparte-Sarzana, quedou asentada en Florencia, e a rama de Francesco Buonaparte trasladouse a Córsega no século XVI, cando a illa era posesión da República de Xénova.
O escudo de armas orixinal dos Buonaparte é en campo de goles, unha dupla barra de ouro acompañada no alto e no baixo dunha estrela de cinco puntas do mesmo metal. Dito escudo presentábase adornado de casco e lambrequín de goles e ouro. En 1804, Napoleón cambiou o escudo de armas dos Buonaparte polo escudo de armas imperial Bonaparte. O cambio aplicouse a todos os Bonaparte, a excepción de Luciano Bonaparte.
Seguindo a súa conquista en Europa occidental, Napoleón Bonaparte coroou o seu irmán máis vello Xosé Bonaparte (1768–1844) primeiramente rei de Nápoles (1806–1808) e despois rei de España (1808–1813); tamén nomeou o seu terceiro irmán Lois (1784–1860) rei de Westfalia (1807–1813), unha pequena rexión do norte de Alemaña (hoxe parte do Land Renania do Norte-Westfalia).
O fillo de Napoleón, Napoleón Francisco Xosé Carlos Bonaparte (1811–1832), foi feito rei de Roma (1811–1814), e proclamado emperador como Napoleón II o 22 de xuño de 1815, tras a abdicación de seu pai como consecuencia da derrota na batalla de Waterloo, deixando de selo o día 7 de xullo do mesmo ano, coa entrada dos aliados e os partidarios de Lois XVIII en París.[1]
Carlos Luís Napoleón Bonaparte (1808–1873), fillo de Lois Bonaparte, foi presidente da Segunda República Francesa de 1848 a 1852, e emperador de 1852 a 1870 co nome de Napoleón III; seu fillo, Eugène Bonaparte (1856–1879) tamén chamado o príncipe imperial, morreu combatendo os zulús en Natal, Suráfrica. Coa súa morte, a casa de Bonaparte perdeu a maior parte da súa influencia política.
A pesar da súa orixe humilde, é considerada hoxe en día como unha das dinastías máis influentes e poderosas da historia moderna, chegando a gobernar nas tres cuartas partes da Europa centro-occidental e a exercer unha inmensa influencia sobre o desenvolvemento da historia militar e política contemporánea.
Lista de soberanos da familia
[editar | editar a fonte]Emperadores dos franceses
[editar | editar a fonte]Napoleón I
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Napoleón Bonaparte.
Napoleón II
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Napoleón II de Francia.
Napoleón III
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Napoleón III de Francia.
Reis de Holanda
[editar | editar a fonte]Lois I
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lois Bonaparte.
Lois II
[editar | editar a fonte]Rei de Nápoles e de España
[editar | editar a fonte]Xosé I
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xosé I Bonaparte.
Rei de Westfalia
[editar | editar a fonte]Xerónimo I
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xerónimo Bonaparte.
Princesa de Lucca e Piombino
[editar | editar a fonte]Elisa Bonaparte (1805-1814), en Lucca, e (1805-1808) en Piombino
Duquesa de Massa e Princesa de Carrara
[editar | editar a fonte]Elisa Bonaparte (1806-1814)
Gran Duquesa de Toscana
[editar | editar a fonte]Elisa I
[editar | editar a fonte]Elisa Bonaparte (1809-1814)
Duquesa de Guastalla
[editar | editar a fonte]Paulina Bonaparte (1806)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Joachim Murat.
Os Bonaparte no século XXI
[editar | editar a fonte]Agora que os Bonaparte non cinguen coroa, Francia é unha república semipresidencialista con territorios en América, África, Oceanía e a propia Europa como a súa parte metropolitanaa. A casa de Bonaparte constitúe unha familia nobre cuxo bo número de membros se están a dedicar á política democrática.
Á vez, a casa de Bonaparte participa en campañas de filantropía e beneficencia. Por outro lado, os bonapartistas seguen aspirando ao restablecemento da coroa napoleónica. O herdeiro actual de Napoleón Bonaparte é Xoán Cristovo Bonaparte, dedicado ao mundo das finanzas.
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Carlo Buonaparte │ ├──> Xosé Bonaparte (1768-1844) │ └──> Xulia Xosefina Bonaparte (1796-1796) │ └──> Zénaïde Laetitia Julie Bonaparte (1801-1854) │ └──> Charlote Napoléone Bonaparte (1802-1839) ├──> Napoleón Bonaparte │ └──>Napoleón II ├──> Luciano Bonaparte │ └──>2 fillas coa súa primeira esposa, Katherina Boyer │ └──>10 fillos coa súa segunda esposa, Alexandrine von Bleschamps, entre eles: │ └──>Pierre Napoleon Bonaparte │ └──>Louis Lucien Bonaparte │ └──>Charles Lucien Bonaparte ├──> Elisa Bonaparte (1777-1820) │ └──>5 fillos ├──> Lois Bonaparte, Rei de Holanda. │ └──> Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807) │ └──> Napoleón Lois Bonaparte (1804-1831) │ └──> Napoleón III (1832-1870) │ │ └──> Napoleón IV (1870-1879) │ └──> Eugène Bonaparte (1856-1879) ├──> Paulina Bonaparte (1780-1825) ├──> Carolina Bonaparte (1782-1839) └──> Xerónimo Bonaparte (1784-1860) ├──> 1 fillo con Elizabeth Patterson Bonaparte. │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte │ ├──> Carlos Xosé Bonaparte (1851-1921) │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte II (1830-1893) │ ├──> Louise-Eugénie Bonaparte (1873-1923) │ └──> Xerónimo Napoleón Carlos Bonaparte (1878-1945) └──> 3 fillos coa súa segunda esposa, Catarina de Württemberg, incluíndo a: └──>Napoleón Xosé Carlos Paulo Bonaparte └──> Napoleón Vítor Bonaparte (Napoleón V Vitor)(1862-1926) └──> Luís Napoleón Bonaparte (Napoleón VI Luís)(1914-1997) └──> Carlos Napoleón Bonaparte (*1950) └──> Xoán Cristovo Bonaparte (Napoleón VII Xoán)(*1986) └──> André Napoleón Bonaparte (Napoleón VIII André)(*1997)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Retratos
[editar | editar a fonte]- Napoleón II no colo da súa nai María Luísa de Habsburgo
- Xosé Bonaparte, rei de España (1808-1813)
- Luís I de Holanda (1778–1846)
- Carolina Bonaparte, raíña consorte de Nápoles (1808–1815)
- Xerónimo Bonaparte, rei de Westfalia
- Elisa Bonaparte, raíña de Etruria e gran duquesa de Toscana
- Paulina Bonaparte, duquesa de Guastalla
- Napoleón III, emperador dos franceses
Armas
[editar | editar a fonte]- Armas da familia Buonaparte de San Miniato
- Armas da familia Buonaparte de San Miniato
- Armas da familia Buonaparte de San Miniato
- Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santa Maria Novella)
- Armas da familia Buonaparte de Florencia (Santo Spirito)
- Armas da familia Buonaparte antes de Napoleón
- Armas de Luciano Bonaparte
- Armas do Reino de Italia (1805-1814)
- Armas do Reino de Elba (1814-1815)
- Armas imperiais de Napoleón III de Francia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Félix Wouters (1849): Histoire de la République et de l'Empire (1789.1815) Bruxelles: Ve Wouters.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Bonaparte |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marie-Nicolas Bouillet et Alexis Chassang (dir.) (1878): "Bonaparte (les)", en Dictionnaire universel d'histoire et de géographie. (Wikisource en francés).
- Félix Wouters (1849): Histoire de la famille Bonaparte depuis mil huit cent quinze jusqu'a ce jour. París: Librairie Ethnographique.
- Joseph-Marie Quérard (1845): Les Bonaparte et leurs œuvres littéraires. Essai historique et bibliographique contenant la généalogie de la famille Bonaparte París: Ed. Daguin.
- Jean-Charles Volkmann (2001): La généalogie des Bonaparte. París: Ed. Jean-Paul Gisserot. ISBN 978-2-87747-586-0.
- Federico Galantini (2004): Napoléon et Sarzane, Les origines italiennes des Bonaparte. París: Éd. Michel de Maule. ISBN 978-2-8762-3149-8.
- François Demartini e Antoine Marie Graziani (2001): Les Bonaparte en Corse. Ajaccio, Corse, France: Éd. Alain Piazzola. ISBN 978-2-9071-6159-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Genealogy of the Bonaparte Family Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Web oficial da Société Napoléonienne Internationale / International Napoleonic Society (en francés), (en inglés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Museo Napoleónico de RomaArquivado 10 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- "La captivité, la maladie, la mort, et les médecins autour de Napoléon" Arquivado 21 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en L'AUTRE SAINTE-HÉLÈNE (en francés). Consultada o 11 de outubro de 2016.
- Marco Jorio: "Bonaparte en Dictionnaire historique de la Suisse en liña. Consultada o 11 de outubro de 2016.
- "La voz Napoleónica del Mundo Hispánico. Presencia, Legado & Tradición"Arquivado 23 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do Instituto Napoleónico México-Francia (en castelán). Consultada o 11 de outubro de 2016.