Eugène de Beauharnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eugène de Beauharnais
Vicerrei de Italia, Príncipe de Francia, Príncipe de Venecia, Gran Duque de Frankfurt, Duque de Leuchtenberg, e Príncipe de Eichstätt
E. de Beauharnais como vicerrei de Italia.
Retrato pintado por Andrea Appiani

Nome completoEugène Rose de Beauharnais
Nacemento3 de setembro de 1781
París, Francia
Falecemento21 de febreiro de 1824
Múnic, Baviera
SucesorAugusto de Beauharnais
ConsorteAugusta de Baviera
DescendenciaVéxase Matrimonio e descendencia
ProxenitoresAlexandre de Beauharnais
Xosefina de Beauharnais

Escudo de Eugène de Beauharnais
Escudo de armas de Eugène de Beauharnais
Na rede
WikiTree: De_Beauharnais-1 Find a Grave: 9121283 Editar o valor em Wikidata

Eugène Rose de Beauharnais, nado en París o 3 de setembro de 1781, e finado en Múnic o 21 de febreiro de 1824, foi o primoxénito do matrimonio entre Alexandre, vizconde de Beauharnais e Xosefina Tascher de la Pagerie.

Fillo adoptivo de Napoleón despois da execución do seu pai, en 1805. Cando o emperador asumiu o Reino de Italia nomeouno o seu vicerrei.

Foi un dos máis leais e talentosos dos subordinados de Napoleón, que o nomeou xeneral en xefe. Mandou o IV Corpo do Exército durante a campaña de Rusia. Durante o inverno de 1812-1813, despois da saída de Napoleón para París, e da fuxida de Murat foi o príncipe Eugène quen mantén con moita habilidade e audacia estratéxica os restos da Grande Armée até a reunión coas novas tropas en Saxonia, a pesar dos intentos dos rusos e dos seus novos aliados prusianos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eugène de Beauharnais, por Andrea Appiani.

Naceu en París, Francia o 3 de setembro de 1781, sendo os seus pais o vizconde Alexandre de Beauharnais e a súa esposa, a crioula da Martinica Xosefina Tascher de la Pagerie.

A finais de 1783 a súa nai sepárase do seu esposo e pouco despois regresa ao Caribe, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación dos escravos de 1791 e da Revolución francesa. De regreso en París, chega xusto na caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas ás súas conexións sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con que casa en 1796, dous anos despois de que o seu primeiro esposo falecera baixo a guillotina.

Napoleón afillou a Eugéne que, en 1804, foi nomeado de forma oficial membro da familia imperial como a Súa Alteza Imperial, Eugène de Beauharnais, príncipe de Francia.

En 1805 engadiu o de vicerrei de Italia aos seus títulos nobiliarios.

O 14 de xaneiro de 1806 casou en Múnic coa princesa Augusta de Baviera, primoxénita do rei Maximiliano I.

En 1807 foi nomeado príncipe de Venecia. No mesmo ano, seu sogro converteuno en duque de Leuchtenberg.

En 1810 Napoleón nomeouno herdeiro do Gran Ducado de Frankfurt e, tecnicamente, sucedeu ao gran duque-arcebispo Karl Theodor von Dalberg cando este abdicou en 1813, aínda que este posto foi puramente teórico, xa que a abdicación do antigo gran duque se debeu á inminente conquista do Ducado polos exércitos aliados.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Augusta Amalia de Baviera, retrato de c. 1815.

Do seu matrimonio coa princesa Augusta de Baviera (1788-1852) naceron os seguintes fillos:

Antepasados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Nova creación

Vicerrei de Italia

5 de xuño de 1805 - 11 de abril de 1814
Sucesor:
Cargo abolido
Predecesor:
Nova creación

Duque de Leuchtenberg

14 de novembro de 1817 - 21 de febreiro de 1824
Sucesor:
Augusto de Beauharnais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jean Autin (2003): Eugène de Beauharnais: de Joséphine à Napoléon. París: Perrin, 7ª ed. (1ª ed. 1989). ISBN 978-2-2620-2007-1.
  • Jean-Claude Fauveau (2010): Joséphine l'impératrice créole. L'esclavage aux Antilles et la traite pendant la Révolution française. París: Editions l'Harmattan. ISBN 978-2-296-11293-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]