Atención:Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde abril de 2019.)
A batalla de Waterloo foi o 18 de xuño de 1815, nunha chaira próxima a Waterloo na rexión de Brabant (actual Bélxica). Enfrontou os exércitos franceses de Napoleón Bonaparte e unha coalición angloprusiana ás ordes do xeneral Wellington. Napoleón que derrotara as tropas prusianas dirixidas polo mariscal Blücher na batalla de Ligny, intentou de forzar as liñas británicas antes de que puidesen recibir as axudas de novas tropas prusianas e saxoas. A pesar dos esforzos de Ney, os británicos conseguiron resistir os ataques franceses ata a chegada das tropas prusianas e saxoas de Blücher, que provocaron a retirada dos exércitos franceses. A derrota de Waterloo significou a destrución do poder militar francés, a fin do Imperio dos Cen Días e a caída definitiva de Napoleón.