Lois Bonaparte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLois Bonaparte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Luigi Buonaparte Editar o valor em Wikidata
2 de setembro de 1778 Editar o valor em Wikidata
Ajaccio (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1846 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Livorno (Gran Ducado de Toscana) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTumba de Lois Napoleón Editar o valor em Wikidata
Embaixador
Membro do Senado Conservador
Par de Francia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Northern Netherlands (en) Traducir (1806–1810)
Ámsterdam
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , militar , escritor , oficial , político , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1792 Editar o valor em Wikidata - 1846 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarMarechal de França (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloPretendente bonapartista ao trono de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bonaparte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHortênsia de Beauharnais (1802–)
FillosNapoleón III, Luís II da Holanda (pt) Traducir, Napoleão Carlos Bonaparte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlo Buonaparte Editar o valor em Wikidata  e María Letizia Ramolino Editar o valor em Wikidata
IrmánsNapoleón I de Francia, Elisa Bonaparte (pt) Traducir, Carolina Bonaparte (pt) Traducir, Pauline Bonaparte (pt) Traducir, Jerónimo Bonaparte (pt) Traducir, Luciano Bonaparte (pt) Traducir e Xosé I de España Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Buonaparte-21 Find a Grave: 22956 Editar o valor em Wikidata
Lois Bonaparte, rei de Holanda, por Charles Howard Hodges.
En Leiden, días despois da explosión dun barco que transportaba pólvora, o rei Lois inspecciona os danos, por Carel Lodewijk Hansen.

Lois Napoleón Bonaparte[1] (en francés: Louis Napoléon Bonaparte) nado o 2 de setembro de 1778 en Ajaccio, Córsega, Francia, o 25 de xullo de 1846 e finado en Livorno, Gran Ducado de Toscana, foi un príncipe francés, irmán do emperador Napoleón Bonaparte.

A partir de 1806, e grazas á influencia do seu irmán, converteuse en Rei de Holanda co nome de Lois I de Holanda (en neerlandés: Lodewijk I).

Despois da derrota de Napoleón usou o título de Conde de Saint-Leu.

Primeiros anos de vida[editar | editar a fonte]

Lois naceu como Luigi Buonaparte en Ajaccio, Córsega, o 2 de setembro de 1778, froito do matrimonio entre Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino.[2] Foi o irmán máis novo de Xosé Bonaparte, Napoleón I de Francia, Luciano Bonaparte e Elisa Bonaparte, e o irmán máis vello de Paulina Bonaparte, Carolina Bonaparte e Xerónimo Bonaparte.

Ao principio da súa carreira pasou polo exército e serviu a Napoleón en Exipto. Grazas a Napoleón, foi xeneral de brigada á idade de 25 anos, A plena satisfacción do emperador Lois loitou con notábel enerxía e coraxe na primeira liña de varias batallas.[3] Porén, loitaba polo sentido do deber, pero carecía de entusiasmo e sentía unha profunda repugnancia ante a violencia dos campos de batalla, os saqueos e a devastación.[4]

Rei de Holanda[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Reino de Holanda.

Napoleón nomeouno rei de Holanda o 5 de xuño de 1806, cando transformou a República Bátava, unha República irmá da Primeira República Francesa, en monarquía. Aínda que o seu irmán máis vello quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Lois tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo Reo Lodewijk I (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o idioma holandés e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o Konijn van 'Olland ("coello de 'Olland"), en vez de Koning van Holland ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.

Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de Leiden en 1807, e unha importante inundación en 1809. En ambos os casos, Lois, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de Luís o Bo.

O seu reinado nos Países Baixos foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primeiro foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de investidores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de Rusia, buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Lois, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Lois de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o 30 de xuño de 1810.

En xullo, logo da abdicación de Lois Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Lois Bonaparte, Napoleón incorporou os Países Baixos ao Imperio Francés estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.

Durante o reinado de Napoleón I, Lois Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En 1808 foi nomeado tamén Condestábel de Francia, un título estritamente honorífico.[5]

Anos finais[editar | editar a fonte]

Despois da morte do seu irmán máis vello Xosé, en 1844, Lois foi visto polos bonapartistas como o lexítimo Emperador dos franceses, a pesar de que el tomou poucas medidas para avanzar na pretensión. (O seu fillo e herdeiro, o futuro Napoleón III, por outro lado, foi neses tempos encarcerado en Francia por intentar maquinar un golpe de Estado bonapartista).

Lois morreu o 25 de xullo de 1846 en Livorno, Gran Ducado de Toscana,[2] e foi enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Lois casou o 4 de xaneiro de 1802 con Hortensia de Beauharnais, filla do defunto xeneral Alexandre, vizconde de Beauharnais e da súa esposa Xosefina Tascher de la Pagerie.[6] Xosefina foi a primeira esposa do seu irmán Napoleón.[7] Por iso Hortensia era tamén a sobriña política de Lois.

O matrimonio foi forzado e completamente sen amor. Por regra xeral, os Bonaparte, coa excepción de Napoleón, aborrecían aos Beauharnais. Lois incluso dubidou da lexitimidade dos seus fillos con Hortensia.

Lois Napoleón Bonaparte e Hortensia de Beauharnais tiveron tres fillos:[2]

Lois foi tamén pai dun fillo ilexítimo, François de Castelvecchio (26 de abril de 1826 - 29 de maio de 1869). Naceu en Roma e morreu en Rennes.[2]

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Unión (Reino de Holanda, 24/08/1806).
  • Cabaleoro Grande Aguia da Orde da Lexión de Honor (Primeiro Imperio Francés).
  • Soberano Gran Mestre da Real Orde das Dúas Sicilias (Reino de Nápoles).
  • Cabaleoro Gran Dignatario da Orde da Coroa de Ferro (Primeiro Imperio Francés).
  • Cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro (Rama Española).[2]

Antepasados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ningún

(Creación do Reino)


Rei de Holanda

1806-1810
Sucesor:
Lois II
Predecesor:
Xosé I

Emperador titular dos franceses

1844-1846
Sucesor:
Napoleón III

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Louis I Bonaparte, roi d' Holande en Geneall (en francés).
  3. Jourdan, Annie (2010), p. 144.
  4. Jourdan, Annie (2010), p. 146.
  5. Testu Almanach Impérial pour l'année MDCCCX en napoleon-series.org (en francés), (en inglés).
  6. Hortense de Beauharnais en Geneall (en francés).
  7. Joséphine Tascher la Pagerie (Joséphine de Beauharnais) en Geneall (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
  • Jourdan, Annie, dir. (2010): Louis Bonaparte, Roi de Hollande. París: Nouveau Monde éditions/Fondation Napoléon. ISBN 978-2-84736-492-7.
  • Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. Nova York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
  • Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

=== Ligazóns externas ===¡