República Helvética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Helvética
Helvetische Republik (de)
République helvétique (fr)
Repubblica elvetica (it) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aHelvecios Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalAarau (–1798)
Lucerna (–1799)
Berna (–1803) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.664.832 (1798) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaLingua alemá de Suíza
francês da Suíça (pt) Traducir
lingua italiana
linguas retorrománicas Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de abril de 1798 Editar o valor em Wikidata
Disolución19 de febreiro de 1803 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSwitzerland in the Napoleonic era (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
Moedacoins of the Helvetic Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A República Helvética foi un estado que persistiu cinco anos, dende 1798 até 1803.

Durante as Guerras Revolucionarias Francesas, os exércitos revolucionarios marcharon ao leste, rodeando Suíza durante os seus combates contra Austria. O 15 de marzo de 1798 Suíza estaba completamente cercada polos franceses e o Antigo Réxime de Suíza veuse abaixo. O 12 de abril de 1798 proclamouse a República Helvética, 'Unha e indivisible'. Os dereitos de soberanía cantonal e feudais foron abolidos. As forzas de ocupación estableceron un estado centralizado baseado nas ideas da Revolución francesa. Estas ideas progresistas atoparon unha gran resistencia, particularmente nas áreas centrais da confederación, e produciuse unha revolta en Nidwalden que sería extinguida polas forzas de ocupación.

Non había unidade na Antiga Confederación Suíza sobre o futuro de Suíza. Os golpes de estado producíronse con frecuencia, pero os franceses retiveron o poder. As forzas de ocupación espoliaron moitas localidades. Xunto á resistencia local, os problemas financeiros provocaron que a República Helvética fracasase. A inestabilidade na República alcanzou as súas cotas máis altas en 1802-1803. En 1803 entraron máis tropas francesas no país para fortalecer o seu control.

O 19 de febreiro de 1803, Napoleón Bonaparte introduciu a Acta de Mediación, que era esencialmente un compromiso entre a antiga e a nova orde. O estado centralizado foi abolido.

Hai reminiscencias da República Helvética na moderna Suíza, como algúns aspectos dos cantóns e constitucións.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Os cantóns anteriormente soberanos foron reducidos a simples distritos administrativos e, para debilitar as antigas estruturas de poder, establecéronse novas fronteiras entre algúns. A acta de 1798 describía os seguintes cantóns:

  • Argovia (sen Baden nin Fricktal)
  • Baden
  • Basilea
  • Bellinzona
  • Berna (sen o Oberland)
  • Friburgo
  • Fricktal (dende 1802)
  • Léman (correspondente a Vaud)
  • Linth
  • Lugano
  • Lucerna
  • Oberland
  • Raetia (correspondente a Graubünden/Grisóns)
  • Säntis
  • Schaffhausen
  • Soleura
  • Turgovia
  • Waldstätten
  • Valais
  • Zúric

Estados predecesores[editar | editar a fonte]

Ao igual que a Antiga Confederación Suíza, os seguintes territorios formaron parte da República Helvética:

Estados asociados[editar | editar a fonte]

  • República dos Seven Zenden
  • Abadía Imperial de Sankt Gallen
  • Cidade Imperial de Sankt Gallen
  • Liga da Casa de Deus
  • Liga Gris
  • Liga das Dez Xurisdicións

Condominios[editar | editar a fonte]

  • Condado de Baden
  • Vogtei de Bellinzona
  • Vogtei de Blenio
  • Argovia
  • Vogtei de Gams / Hohensax
  • Señorío de Grandson
  • Vogtei de Leventina
  • Landvogtei de Locarno
  • Landvogtei de Lugano
  • Landvogtei de Mendrisio
  • Vogtei de Murten
  • Vogtei de Orbe-Échallens
  • Abadía Imperial de Pfäfers
  • Vogtei de Rheintal
  • Vogtei de Rivera
  • Condado de Sargans
  • Schwarzenburg / Grasburg
  • Landgraviato de Thurgau
  • Condado de Uznach
  • Landvogtei de Valmaggia
  • Vogtei de Windegg

Protectorados[editar | editar a fonte]

  • Abadía de Engelberg
  • Republic de Gersau
  • Cidade de Rapperswil
  • Baronía de Sax-Forstegg
  • Condado de Werdenberg

Territorios non asociados[editar | editar a fonte]

A República Helvética anexionou ademais dous territorios que non eran parte anteriormente de Suíza:

  • Fricktal
  • Konstanz