Jacques-Louis David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato.

Jacques-Louis David (30 de agosto de 1748 - 29 de decembro de 1825) foi un pintor francés de bastante influencia no estilo neoclásico. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos gregos, baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do antigo réxime.

Máis adiante David chegou a ser un activo participante na Revolución Francesa así coma amigo de Maximilien de Robespierre; en realidade foi un dos máximos expoñentes artísticos da República Francesa. Encarcerado trala caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse co advenimento doutro réxime político, o de Napoleón Bonaparte. Foi nesta época cando desenvolveu o seu Estilo Imperio, notable polo uso de cores cálidas ao estilo Veneciano.

Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a Antoine-Jean Gros, Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson e o máis coñecido de todos: Jean Auguste Dominique Ingres. Isto fíxolle ser o pintor máis influente do arte Francés do século XIX, especialmente nas pinturas académicas.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Jacques-Louis David naceu no seo dunha próspera familia en París, o 30 de agosto de 1748. Á idade de nove anos, o seu pai foi asasinado nun duelo e a súa nai deixouno baixo o coidado dos seus tíos François Buron e Jacques-François Desmaisons que eran uns prósperos arquitectos. Eles aseguráronse de que recibise unha excelente educación no Colexio das Catro Nacións, pero Jacques-Louis David non foi nunca un bo estudante: durante as clases cubría os seus libros con debuxos. Pronto manifestou o seu desexo de ser pintor, pero o desexo da súa nai e os seus tíos era que fose arquitecto.

Finalmente venceu os receos dos seus familiares e foi ao taller de François Boucher, máxima figura da época, así como parente afastado de David. Boucher, nos seus inicios pintor Rococó, encontrábase nun período máis clásico da súa pintura. Boucherdecidiu que en vez de ensinar persoalmente a David, podería envialo baixo a tutelaxe do seu amigo Joseph-Marie Vien que adoptara gustos clásicos fronte ao rococó imperante. Alí Davidasistiu á Real Academia de Pintura e Escultura, situada no que hoxe é o Louvre.

David tentou gañar o Premio de Roma, catro veces entre 1770 e 1774, que consistía nunha bolsa para unha estanza de catro anos na Academia Francesa en Roma. Unha delas, de acordo á lenda, perdeuno porque non consultara a Vien, un dos xuíces que outorgaba o premio. Outra, porque outros estudantes estiveran a competir durante anos e Vien pensou que a educación de Davidpodía esperar, non así a deses outros pintores. En protesta, David púxose en folga de fame. Ao quinto intento, en 1774 David gáñao finalmente. O máis usual neste caso, é que David tivese asistido a outra academia antes de ir á Academia en Roma, pero a influencia de Vien permitiulle ir directamente alí en 1775, cando Vien foi nomeado director da Academia de Francia en Roma.

Xa en Italia, David puido acceder de primeira man ás obras mestras e ás ruínas da antiga Roma. David encheu multitude de cadernos con numeroso material que utilizaría durante o resto da súa vida. Reuniuse co influente pintor neoclásico Rafael Mengs. A través del, introduciuse nas teorías pioneiras do historiador de arte Johann Joachim Winckelmann. Durante a súa estanza en Roma, estudou os grandes mestres, sendo o seu preferido Rafael. En 1779, David puido visitar as ruínas de Pompeya onde quedou impresionado acompañado polo escultor François Marie Suzanne.

Primeiras obras[editar | editar a fonte]

Os compañeiros de David na Academia encontraron difícil relacionarse con el, pero recoñeceron o seu xenio. Permitiron aDavid que quedase na Academia Francesa en Roma durante un ano máis, pero despois de cinco anos en Roma, regresou a París. Alí, encontrou quen influíra ao seu favor, e fixérono membro da Academia Real. Enviou á academia dúas pinturas, incluíndose ambas as dúas no Salón de 1781, unha grande honra. Foi gabado por pintores contemporáneos, pero a administración da Academia Real era hostil a esta estrela nacente.

Despois do salón, o rei permitiulle aloxarse no Louvre, un privilexio antigo e moi desexado dos grandes artistas. Cando o contratista dos edificios reais, M. Pecol, estaba a facer os oportunos arranxos con David, pediulle que casase coa súa filla, Marguerite Charlotte. Este matrimonio proporcionou a David cartos e, co tempo, catro fillos. David tiña alumnos propios, entre 40 e 50, e o goberno encargoulle que pintase Horacio defendido polo seu pai, pero Davidpronto decidiu: «Só en Roma podo pintar romanos». O seu sogro proporcionoulle o diñeiro que necesitaba para a viaxe, e David marchou a Roma coa súa esposa e tres dos seus estudantes, uns dos cales, Jean-Germain Drouais, era o gañador do Premio de Roma dese ano.

En Roma, David pintou o seu famoso Xuramento dos Horacios. Os temas e motivos reiteraríanse en obras posteriores coma O xuramento do Xogo de Pelota e a Distribución das Aguias. Mentres no Xuramento dos Horacios e O xuramento do Xogo de Pelota se resalta a importancia do autosacrificio masculino polo propio país e por patriotismo, a Distribución das Aguias falaría do autosacrificio polo emperador (Napoleón) e a importancia da gloria obtida no campo de batalla.

En 1787, David non se converteu no Director da Academia Francesa en Roma, unha posición que desexaba ardentemente. O conde encargado do nomeamento dixo que David era demasiado novo, pero dixo que o apoiaría dentro de 6 a 12 anos. Esta situación sería unha das moitas que fixeron que arremetese contra a Academia en anos futuros.

Para o salón de 1787, David exhibiu a súa famosa Morte de Sócrates. «Condenado a morte, Sócrates, forte, calmado e en paz, discute a inmortalidade da alma. Rodeado por Critón, os seus amigos lamentándose e estudantes, está a ensinar, filosofando, e de feito, agradecendo ao Dios de la Salud, Asclepio, pola infusión de cicuta que lle aseguraría unha morte pacífica... a esposa de Sócratespode verse lamentándose soa fóra do cuarto, despedido pola súa debilidade. Platón (que non estaba presente cando morreu Sócrates) está representado como un ancián sentado ao final da cama.» Os críticos compararon o Sócrates coa bóveda da Capela Sixtina de Michelangelo e as Estanzas de Rafael, e un, despois de dez visitas ao Salón, describiuno como «perfecto en todos os sentidos». Denis Diderot dixo que parecía que o copiara dalgún antigo baixorrelevo. A pintura estaba moi na onda do clima político da época.

Como seguinte pintura, David executou Os lictores levan a Bruto o corpo dos seus fillos. A obra resultaba moi atractiva para a época. Antes da apertura do Salón, comezara a Revolución francesa. Establecérase a Asemblea Nacional e caera a Bastilla. A corte real non quería propaganda axitando o pobo, así que había que comprobar todas as obras antes de que se colgasen. Algúns retratos de xente famosa prohibíronse, como o dun químico que resultaba ser membro dun partido que non gozaba de favor. Cando os xornais relataron que o goberno non permitira que se mostrase Los lictores levan a Bruto o corpo dos seus fillos, o pobo encolerizouse, e os realistas cederon. O cadro colgouse na exposición, protexido por estudantes de arte. A pintura representa a Lucio Xuño Bruto, o líder romano, lamentándose polos seus fillos. Os fillos de Bruto intentaran derrocar o goberno e restaurar a monarquía, así que o pai ordenou a súa morte para manter a república. Así, Bruto resultaba ser o heroico defensor da república, aínda que lle custase a súa propia familia. Á dereita, a nai sostén as súas dúas fillas, e a avoa vese no extremo dereito, angustiada. Bruto séntase á esquerda, só, melancólico, pero sabendo que o que fixo é o mellor para o seu país. Toda a pintura era un símbolo republicano, e obviamente tivo un inmenso significado nestes tempos en Francia. En 1787, David non se converteu no Director da Academia Francesa en Roma, unha posición que desexaba ardentemente. O conde encargado do nomeamento dixo que David era demasiado novo, pero dixo que o apoiaría dentro de 6 a 12 anos. Esta situación sería unha das moitas que fixeron que arremetese contra a Academia en anos futuros.

O xuramento dos Horacios[editar | editar a fonte]

Tras terse dado a coñecer o estado encargalle que pinte Horacio defendido polo seu fillo, porén David discrepa tanto no título coma nas dimensións, dando lugar ao Xuramento dos Horacios cun gran formato, 330 x 425 cm. Pintada en 1785 e actualmente exposta no Louvre é a obra máis coñecida de David e está considerada coma a obra cume da pintura Neoclásica.

A temática da obra é o cumprimento do deber por riba de calquera sentimento persoal. Toma a historia de Tito Livio no período de guerras entre Roma e Alba Longa (668 a.C.). A disputa entre as dúas cidades decídese resolver por un combate inusual: os Horacios, trixéminos romanos, contra os Curiacios, trixéminos de Alba. O drama radica no parentesco familiar, xa que unha das irmás dos Horacios, Sabina, estaba prometida cun Curiacio. A pesar disto, e como vemos reflexado na obra, o pai Horacio exhorta os seus fillos a loita.

David sitúa a escena no patio dunha casa. A esquerda atopamos os fillos e no centro da composición o pai que é quen realiza a acción principal, o xuramento, obrigándoos o cumprimento do deber coa patria. E na dereita atopamos as mulleres, vestidas á moda romana.

A través da xestualización e a expresión corporal comunícase connosco. Busca a claridade, de ahí o uso das cores apagadas, como mostra de racionalidade. No xuramento das espadas é onde se observa a maior tensión dentro da obra, figuras con moita enerxía que contrastan co desconsolo do grupo das figuras femininas.

O fondo divídese en tres arcos que son os que dividen a escena do primeiro término, cada grupo enmárcase nun dos arcos laterais, e a figura do pai no central. A arquitectura carece de ornamentación, propia do estilo, por outra banda esto contribúe a resaltar o tema tráxico representado.

David vai compoñer por contraposición, fai que as figuras resalten sobre o fondo, o mesmo tempo que contrastan entre sí, primeiro dentro dos propios grupos, por un lado os Horacios e o pai, este conxunto contraponse co das mulleres, e tódalas figuras contra os arcos do fondo.

A perspectiva céntrase nas mans da figura do pai, que é o que realiza a acción principal do xuramento e sostén as espadas. Seguindo as liñas do pavimento atopamos que o punto de fuga coincide nesto.

Dos tres Horacios, o que está en primeiro plano é o que atrae a mirada do espectador, a lenda di que só un dos irmáns saíu vitorioso da batalla. Os outros dous extenden as mans en dirección a espada, a forza representada nese acto é o seu firme compromiso coa patria. As miradas coinciden co punto de fuga e coa liña de horizonte, onde o máis destacado é o xuramento. Para que esta mensaxe nos chegue de forma clara David suprime todo o accesorio que podería complicar a nosa percepción do tema.

O cadro na época foi acollido pola crítica de forma negativa polas ideas políticas ahí representadas.