Alexandre I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre I de Rusia
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias
Grand Duke Alexander Pavlovich by V.Borovikovsky (1800, Russian museum).jpg
Alexandre I de Rusia
Reinado 23 de marzo de 1801 - 1 de decembro de 1825
Nacemento 23 de decembro de 1777
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 1 de decembro de 1825
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Predecesor Paulo I de Rusia
Sucesor Nicolao I de Rusia
Cónxuxe/s Luísa de Baden
Dinastía Romanov
Pai Paulo I de Rusia
Nai Maria Feodorovna
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Alexandre I de Rusia (en ruso, Александр I Павлович, Aleksandr I Pavlovich), nado en San Petersburgo o 23 de decembro de 1777 e finado na mesma cidade finado o 1 de decembro de 1825, foi tsar de Rusia do 23 de marzo de 1801 ata o 1 de decembro de 1825, e rei de Polonia de 1815 ata 1825, tamén foi o primeiro Gran Duque de Finlandia ruso así como Gran Duque de Lituania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do Gran Duque Paulo Petrovich, máis tarde emperador Paulo I de Rusia, e de María Feodorovna, filla de Federico II Eugen, duque de Württemberg. Alexandre foi o maior de catro irmáns. Sucedeu o seu pai no trono logo de que este fose asasinado, e dirixiu a Rusia durante o caótico período das Guerras Napoleónicas. Na primeira metade do seu reinado, Alexandre tentou introducir reformas liberais, mentres que na segunda metade inclinouse cara a unha conduta máis absolutista, o que fixo revocar moitas das reformas. En canto a política exterior, Alexandre tivo certo éxito, gañando varias campañas militares. Baixo o seu reinado Rusia anexionou Finlandia e parte de Polonia. A súa morte está rodeada de misterio e nunca se atoparon os seus restos, de feito existe unha lenda afirma que non morreu en 1825 senón que asumiu a identidade do ermitán Feodor Kuzmich[1].

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Luísa de Baden, esposa do tsar Alexandre I.

Alexandre contraeu matrimonio con Luísa de Baden (bautizada como Elizaveta Alekseievna) coa que soamente tivo dúas fillas, que morreron a curta idade.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richard Holmes Napoleón:Batallas y Campañas. Lu Ilustrado, 2007
Predecesor:
Paulo I
Tsar de Rusia
1801 - 1825
Coat of Arms of Russian Empire.svg
Sucesor:
Nicolao I
Predecesor:
Stanisław August Poniatowski
Rei de Polonia
1815 - 1825
Sucesor:
Nicolao I
Predecesor:
Gustavo IV Adolfo
Gran Ducado de Finlandia
1809 - 1825
Sucesor:
Nicolao I