Encoro de Abegondo - Cecebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°16′56″N 8°17′52″O / 43.282333333333, -8.2977638888889

Encoro de Abegondo-Cecebre
Amencer no encoro de Cecebre.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, Reserva da biosfera
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 529 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oza-Cesuras
Ríos: Barcés e Mero
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade[4][5].

O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC).[1][2][3][6] Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha. e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.

O valor da súa conservación é que ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.[7][8]

Encoro[editar | editar a fonte]

A superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha. e ten unha capacidade de 22 Hm3[9]. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m[9]. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera[10].

Clima[editar | editar a fonte]

A zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido.

Hidroloxía[editar | editar a fonte]

Mapa do lugar de importancia comunitaria. En azul, a superficie ocupada polo encoro.

Os tramos fluviais abranguen uns 4,9 Km do río Barcés e 3,8 Km do río Mero.

Hábitats[editar | editar a fonte]

O val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.[10]. O bosques de ribeira no Barcés discorren polas vilas da Ribeira de Cañás, Beade, Damíl e da Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas [11]. Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios [5].

O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEE[12] son [4]:

  • Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae).
  • Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
  • Estanques temporais mediterráneos
  • Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri e de Bidention
  • Ríos de pisos basais aos de montaña con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
  • Pastos con numerosas especies de gramíneas, con Nardus, sobre substratos silíceos de zonas montañosas
  • Prados con xunga, como Molinion caeruleae, en substratos calcarios, turbosos ou arxilo-limosos
  • Megaforbios, ou prados con plantas de grandes follas, eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos de montaña a alpinos
  • Prados pobres de sega de baixa altitude, con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis
  • Queirogais secos europeos
  • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
  • Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Vista panorámica dunha parte do encoro.

As principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación:[4][13]

Flora[editar | editar a fonte]

Especie
Narcissus cyclamineus
Sphagnum pylaisii

Fauna[editar | editar a fonte]

Invertebrados[editar | editar a fonte]

Especie
Coenagrion mercuriale
Elona quimperiana
Geomalacus maculosus
Lucanus cervus

Peixes[editar | editar a fonte]

Especie
Chondrostoma polylepis

Anfibios[editar | editar a fonte]

Especie
Discoglossus galganoi
Hyla arborea
Rana iberica
Triturus boscai

Réptiles[editar | editar a fonte]

Especie
Coronella austriaca
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
Natrix natrix

Aves[editar | editar a fonte]

Gansos.

É un hábitat que alberga a máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña[14].

Especie
Accipiter gentilis
Acrocephalus paludicola
Acrocephalus scirpaceus
Alcedo atthis
Anas clypeata
Anas crecca
Anas penelope
Anas platyrhynchos
Anas querquedula
Anas strepera
Ardea cinerea
Ardea purpurea
Aythya ferina
Aythya fuligula
Chioglossa lusitanica
Chlidonias niger
Circus aeruginosus
Emberiza schoeniclus
Falco columbarius
Falco peregrinus
Falco subbuteo
Fulica atra
Gallinago gallinago
Ixobrychus minutus
Milvus migrans
Nycticorax nycticorax
Pandion haliaetus
Phalacrocorax carbo
Phalacrocorax carbo sinensis
Philomachus pugnax
Platalea leucorodia
Porzana porzana
Tringa glareola
Tringa ochropus
Vanellus vanellus

Mamíferos[editar | editar a fonte]

Especie
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Mustela erminea
Myotis myotis
Plecotus auritus
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

No ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente.[15][16][17] En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][7]

O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.". www.xunta.es. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Tomo IX.f. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Abegondo. Xuño de 2012
  6. "Encoro de Abegondo - Cecebre, Código ZEC ES1110004. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  7. 7,0 7,1 "Lugares de Importancia Comunitaria. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Goberno de España." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  8. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Dirección técnica da edición por Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz e Belén Bris Marino. Consellería do Medio Rural e de Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2011.
  9. 9,0 9,1 Emalcsa. "Embalse de Cecebre". Consultado o 9 de marzo de 2016. 
  10. 10,0 10,1 Encoro de Abegondo - Cecebre. Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia
  11. Especies típicas de zonas de interfase entre o solo, como os dunha ribeira ou monte, e un río ou regato.
  12. Directiva sobre da conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres adoptada pola Unión Europea en 1992.
  13. Xunta de Galicia (eds.). "2.3 LIC Encoro de Abegondo - Cecebre. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais. Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural - Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF). 
  14. [1] Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Guía das aves do Encoro de Abegondo- Cecebre. 2007.
  15. Xunta de Galicia, eds. (Luns, 11 de novembro de 1991). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 29 de outubro de 1991 pola que se declara provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral.". DOG. p. 8.868. 
  16. Xunta de Galicia, eds. (Mércores, 18 de novembro de 1992). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 11 de novembro de 1992 pola que se prorroga a inclusión do encoro de Cecebre no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia.". DOG. p. 8.868. 
  17. Xunta de Galicia, eds. (Mércores, 04 de xuño de 1997). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 27 de maio de 1997 pola que se declara provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral.". DOG. p. 5.349. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]